Nacín no 1959 en Cadrón, Galiza,no mesmo ano que naceu Ana Torroja en Madrid, España e xusto un ano despois de que o fixera Sharon Stone en Meadville, Minessota. A diferenza delas, eu abrín os ollos nun soleado domingo de San Xoán, un chisco antes das dez, xusto cando o sancristán repicaba as campás chamando a veciñanza á santa misa, coincidencia esta que miña nai entendeu coma unha sacra predestinación. Despois, a vida dos días foille derrubando os celestiais castelos soñados, e cando hai uns anos tivo noticias da miña entrada na secta, din que dixo: “ Por fin chegou ó chan. Agora xa mais baixo non vai caer.”
Pingback: Como a vida mesma | Criticalia
Pingback: Carallos e hostias quenindiola! | Letra en Obras
Pingback: A boa crítica é a mala | Letra en Obras