medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Fame de tempo

Un artigo de Lara Domínguez Araúxo

Ter algo que dicir en público évos un galón ben cobizado. Hoxe que logo se largan 140 caracteres da cabeza ás xemas dos dedos ou á punta da lingua no primeiro –e enésimo− relampo de expansión, xenerosidade ou exhibicionismo que cadrar, aceptar ocupar un espazo nunha estada de letras na que a liberdade depende só das nosas propias cancelas supón unha experiencia extemporánea e revulsiva… (así que, ante todo, obrigada).

Lara D. Araúxo

E dan ganas de enchela con análises do caos sistémico que estamos a vivir, da estafa da imparcialidade dos medios de comunicación que amainan espertares de conciencia, da precariedade descontada do mundo do traballo, da hipocrisía de quen nos toma por parvos, da necesidade de dicir…. STOP, cambio de rumbo, tempo… dunha pócima de Decrescimento, crise, capitalismo, de Carlos Taibo, xunto co  Dereito á preguiza de Paul Lafargue.

Aínda non sendo estas as únicas obras que alicerzan a urxencia de pararmos o reloxo −a roda capitalista coma engranaxe de Tempos Modernos resultan ser os que, xunto con Stratos e L’affaire des affaires mellor me axudaron a enmarcar e desenmascarar o momento sociopolítico actual, coma un caxato para lermos e reescribirmos o presente e turrar do temón antes de que se converta nunha estaca que non dea caído máis….

Recuperado o tempo, poderiamos dedicarnos a reflexionar e debater sobre elefantes e sexos.

Para saber máis de Lara Domínguez Araúxo

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


8 + = 13