medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Falando de literatura…

Un artigo de Pablo García Martínez

Só dicir, para arrincar este primeiro artigo, que os promotores de Letra en Obras involucrámonos no tecido de contadores que feliz e desinteresadamente nos permiten regularizar unha sección de opinións coa esperanza de que nun futuro próximo o fulgurante éxito do proxecto nos obrigue a ceder o noso espazo, en beneficio dalgún dos moitos que learán por pendurar aquí as súas historias…

Comezar cun chiste sempre crea unha distensión propicia para os golpes (preguntar ao espírito de Houdini) que o lector debería vir buscar a estes espazos.

Para arrincar usamos como pretexto a Roberto Arlt e un libro da serie ensaio/socioloxía de Ediciós do Castro, titulado Aguafuertes Gallegas, e publicado no ano 97. Na cidade de Buenos Aires dos anos 20 e 30, salpicada xa por unha inestabilidade política que había marcar o sino do seu século XX, o debate literario estaba polarizado por dous grupos como eran os conservadores de Florida (que se pretendían identificar cos movementos de vangarda europeos), entre os que estaban Borges ou Marechal, e os escritores de Boedo (sensibilizados coa defensa de posicións de esquerdas) entre os que estaban Álvaro Yunque ou Elías Castelnuovo.

Pablo García Martínez

No medio deles naufragaba polas rúas da cidade o Roberto Arlt, que se chegou a identificar co grupo Boedo, malia que en realidade nunca estivo emparentado o seu pensamento errático con grupo algún. O froito deste peculiar estar no mundo é unha obra literaria e xornalística brava, incandescente, que reflexa cunha dureza esculpida entre orixinais con montes de faltas de ortografía as grandes desigualdades que separaban por barrios aos bonaerenses do seu tempo. Cando xa obras como o Juguete rabioso ou Los lanzallamas o fixeran coñecido na cidade, chimpou ás páxinas do xornal El Mundo para poñerlle as comas e os acentos ao decorrer de Buenos Aires cos seus Aguafuertes Porteños.

As súas crónicas son tan celebradas que os responsábeis do xornal deciden envialo a España no 1934 para escribir as Aguafuertes españolas. Do seu paso por Galiza dán testemuño os textos inéditos recollidos por Ediciós do Castro, onde Arlt conta a súa estadía na Coruña, Pontevedra, Vigo, Betanzos, Compostela e outras partes da xeografía galega. Alén da engaiolante prosa de Arlt e da ben calibrada capacidade de observación propia do bo contador, os textos de Arlt teñen un grande valor polo exercicio de alteridade que fai: mira Galiza cos ollos dos galegos de Buenos Aires, e procurando ver así a terra deles esfórzase en entender todo o que comporta a emigración para aqueles que agora xa son os seus veciños na cidade porteña.

Traio este exemplo tan de actualidade porque os poucos espazos que lle quedan aos medios de comunicación que traballan en Galiza non son alleos ao debate sobre o estatuto do intelectual. E digo de actualidade porque Arlt ten a posibilidade de incidir nas conciencias, en favor das causas que elixa defender, grazas ao prestixio que obtivo previamente do seu traballo como escritor, igual que Victor Hugo no inicio, igual que García Márquez ou (desgraciadamente) Vargas Llosa, e igual tamén que Manuel Rivas, Xavier Cordal ou Suso de Toro en Galiza. Eran xa nomes familiares, cando aparecían entre a amalgama de noticias, e aos nomes familiares pásalles coma á letra con sangue no tempo da escola vella.

Hoxe o máis serio dos nosos xornalistas culturais levanta o teléfono para falar sobre o papel dos intelectuais na patria sen fronteiras da divisa, e chama a profesores de Economía, Literatura ou Ciencia Política para que interveñan nun debate público en base ao prestixio que gañaron facendo análise de Economía, Política ou Literatura. Aceptando que este debate non é un epitafio dos días con xente, pensemos que vai seguir habendo universidades (menos) con profesores (menos) que requiran para o seu traballo produción de teoría (menos) e ficción (menos) coa intención de usala en aulas (máis frías no inverno) con alumnos, mesas e todas esas cousas.

Introduzo este punto de vista na contra de augurios catastrofistas sobre o descontrol derivado dos novos modos de comunicarse, pero animando con entusiasmo a seguir pensando como imos axudar a crear os espazos de reflexión, as Prazas Públicas neste tempo do Presidente Patacón. E que non veñan con que non temos interese, porque aquí ven Bruce Springsteen e pagamos 70 euros (ben pagados se os hai) por ir subir uns polos outros para escoitalo. Igual había que ser Bruce Springsteen e esquecémonos de aprender a solfear.

Daquela, ademais de partillar os puntos de vista toca volver para a mesa e traballar arreo todo dios para que poida haber alguén do outro lado do fío cando un xornalista queira apoiarse nun intelectual para falar dos asuntos de interese público; para que poida haber alguén cando xente con vontades de revirarse queira sentir que lles está falando unha señora lista que ten razóns ao animalos a rebulir; ou para que poida haber alguén cando un señor con traxe queira dar un premio para sentirse culto e a señora que parece lista, ao recollelo en chándal, diga se finalmente decide dicir, “perdoe, o que pasa aquí é que vostede é avaricioso e un pouco parvo”.

En vez de parar de respirar porque nos dixeron que o aire estaba contaminado, estamos obrigados a aprender a limpalo, cada un á súa maneira. Volto traer a Arlt e ás súas Aguafuertes gallegas porque, seguramente, cando relataba os seus paseos pola beira do Miño escribiu esta pasaxe para apoiarme na miña argumentación: “Yo pienso con amargura como me las arreglaré para caminar por aquí. Porque una cosa es mirar el paisaje, y otra andarlo. Se necesitan para estas alturas piernas de acero”.

Nós aquí, ás veces, falamos de literatura.

Se queres saber máis do autor, isto é o que conta Pablo García de si mesmo

Comentario a Falando de literatura…

  1. Unha crónica ben literaria deste tempo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


4 + 5 =