medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

“Eu debuxo o que me vén á cabeza cando leo os versos ou cando penso neles”

Falamos con Ruth Caramés, deseñadora de Tinta de Lura, un dos proxectos de xestión cultural máis novidosos dos últimos meses. Comezaron deseñando camisolas con versos de poetas galegos. A iniciativa, que comparte con Tono Formoso, Samuel L. Paris e Lucía Méndez, está a ter éxito e xa cociñan novas ideas.

Como e por que nace Tinta de Lura?

Pois a idea naceu en Samuel, que era compañeiro de traballo de Tono e Tono era amigo meu de moitos anos. Cando Samuel lle falou de facer camisolas con versos, Tono lembrou que eu lle falara non había moito de facer deseños para camisolas. A partir de aí empezamos a xuntarnos e aos poucos fomos artellando todo o proxecto: escolla de textos, deseños, imprenta, provedor, distribución… Desde o principio os tres tiñamos claro que non só se trataba de facer camisolas que gustasen á xente, nin tampouco só de promover a poesía a través de soportes pouco convencionais, senón que debíamos de ser coherentes co que pensábamos, sobre todo no que se refire á fabricación das camisolas e aos materiais empregados. Falamos con varios provedores que traballaban con produtos de comercio xusto e tecidos ecolóxicos, mais tivemos que pospoñelo porque queríamos sacar as camisolas antes do 17 de maio e non era posible; pero é algo que temos como obxectivo a medio prazo.

Algúns dos traballos de Tinta de Lura

Cal é o balance que fas deste tempo de andaina?

O balance é moi bo. Hai un ano en abril que nos presentamos no Achegarte e desde esas o proxecto medrou moito, ramificouse e acabou sendo o lugar de encontro doutras ideas que nos andaban pola cabeza ou que nos apetecía facer. As camisolas seguen a ter éxito e xa tivemos que reeditar varios modelos.
Ti encárgaste da parte do deseño, como acaba visualizándose nunha imaxe un verso?
É moi intuitivo. Eu debuxo o que me vén á cabeza cando leo os versos ou cando penso neles. Non ten máis aquel. Supoño que ten que ver con iso que dixo Leonardo da Vinci, que a pintura é poesía muda e a poesía pintura cega, ou algo así.
Que opinan os autores (os vivos, claro) de como están a quedar as camisolas?
Pois todos se portaron moi ben con nós e mostráronse moi entusiasmados. Ningún nos puxo pegas; nin os vivos nin os que xestionan os dereitos de Lois Pereiro. E isto foi esencial porque de non contar co seu apoio sería imposible sacar o proxecto adiante. En xeral penso que ficaron contentos e mesmo orgullosos do resultado. Lupe Gómez contou que un día ía pola rúa e viu un rapaz coa súa camisola, parouno e díxolle: “Iso escribino eu”.
O voso é un proxecto de xestión cultural que intenta darlle unha volta á literatura, difundila e á mesma vez crear un valor engadido. É unha tolemia intentar vivir neste país facendo cultura?
As cousas non están ben para case nada e para actividades culturais menos. Non son prioritarias cando se distribúen os orzamentos e as subvencións son escasas. Ademais, aquí estamos tan afeitos a que as iniciativas culturais se fagan dende o asociacionismo ou de xeito altruísta, que ás veces ata parece que está mal visto que un queira montar unha empresa de xestión cultural ou que queira vivir de traballar nun proxecto así.
Que sorpresas prepara Tinta de Lura para o 2012?
Como che dicía antes, o proxecto ramificouse e ampliouse; non só en xente, que tamén –hai uns meses que traballa con nós Lucía-, senón na nosa actividade.  As camisolas como produto xa estiveron desde o principio ligadas a obradoiros de reciclaxe e escrita creativa, que facíamos como complemento á distribución. En 2012 temos programados máis obradoiros e actividades que abranguen máis campos, dende a animación á lectura ata a integración cultural, o turismo, o patrimonio, ou as novas tecnoloxías. Ademais, desenvolvemos unha área nova de servizos editoriais que agardamos que siga medrando en 2012, na que facemos fundamentalmente traballos de corrección e tradución de textos, maquetación e ilustración. Tamén temos pensado sacar novos produtos “literarios” retomando o camiño do comercio xusto e ecolóxico do que che falaba. E agora mesmiño vimos de rematar as postais de Nadal de Tinta de Lura, que tamén teñen deseños acompañados de versos, esta vez recollidos da tradición oral. Están na nosa web a disposición de quen queira enviarllas aos seus amigos, parentes ou coñecidos para felicitar as festas. E estes cambios que che comento tamén se van reflectir na páxina web, que xa non só se vai centrar nas camisolas e nos autores; sobre todo queremos darlle máis relevancia á axenda e facer que sexa un referente para coñecer as cousas que se fan no país, nomeadamente as que proveñen de asociacións e de iniciativas populares.
Queres saber quen forma parte de Tinta de Lura?
TONO: Tono Formoso naceu e creceu en Abelleira, paraíso natural entre Esteiro e Muros, hai 35 anos. Fixo que estudaba filoloxía galega en Compostela e especializouse en xestión cultural. Sente devoción polos Creedence  e mais por Tian e Sabela, os seus dous maiores logros vitais ata o de agora. Na actualidade vive nunha eterna posta de sol dende os altos de Caión. 

O equipo de Tinta de Lura

SAMUEL: Samuel L. París nace o 8 de decembro 1984 en Muros. Medra axeitadamente grazas a unha dieta baseada no arroz e a caldeirada de raia. Licenciado en Filoloxía Galega e Filoloxía Hispánica pola UDC, en 2008 publica, a través do netlabel A Regueifa, o poemario Manual da destrución. Toca o baixo na Terbutalina. Colabora nalgunhas publicacións, fai coma quen e esvara.

LUCÍA: Lucía Méndez naceu en 1983 en Lugo, no mes do San Froilán e do polbo. Lembra licenciarse en Filoloxía Hispánica pola UDC, cando vivía en Oleiros. Actualmente reside en Compostela, ten unha mosca de mascota e cursa, de maneira intermitente, un Máster en Estudos Comparados de Literatura e Cultura Europea. Ten recitado, escrito, feito xoias recicladas e collage, sempre como camiño cara a ningures.

 RUTH: Ruth Caramés naceu en Moraña o 24 de febreiro de 1980, que veñen a ser 143 anos xustiños despois de Rosalía de Castro. Estudou bioloxía en Compostela e orientou a súa carreira profesional cara ao medio ambiente. Gústalle debuxar e pintar desde que as mans deixaron de ser un medio de locomoción. Quere ter unha vida tranquila, pero sempre esquece regar as plantas.

Comentario a “Eu debuxo o que me vén á cabeza cando leo os versos ou cando penso neles”

  1. Ursicino liberado já!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


7 + 8 =