medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

“Aquí non se fixo nunca un estudo profundo de fe e relixión”

Domingo Martínez Beiro (1942) fixo estudios eclesiásticos no seminario de Santiago de Compostela e despois foi crego nas parroquias de Mazaricos, Cesuras e tamén nos barcos de pesca de ballao que ían ás illas Francesas de San Pierre e Miqueilon. Posteriormente deixou o sacerdocio para comezar a traballar como monitor de autoescola na Coruña.

Que andas lendo?
Todo é silencio, de Manuel Rivas e Ideología e historia. La formación del cristianismo como fenómeno ideológico de Gonzalo Puente Ojea.

E logo, como anda a oferta de libros galegos sobre teoría da relixión?
Os únicos que fixeron un pouco foron Torres Queiruga e tamén Chao Rego e Victorino Fernández Prieto. A profundización dende o punto de vista relixioso tiña que consistir en profundizar máis na conformación do home coa natureza. Profundizar máis na nosa historia precristiana, para despois unila co nacemento do cristianismo. Serían estudos que se poderían aquilatar a calquera pobo. Aquí un estudo profundo de fe e relixión non se tivo nunca. Fai falta un estudio de como os romanos incorporaron o cristianismo, nun contexto onde o César era un deus, era unha dividnidade. Despois o cristianismo usou este proceso para crear os seus santos a través do intermediarios dos máximos que había daquela.

E baixo o teu punto de vista, como foi tratada a relixión na literatura?
Eu lembro que me gustara moito Pepita Jiménez, de Juan Valera. Na literatura hai moita mitificación. Os primeiros títulos que eu lein facían un tratamento máis ben no sentido moralista da relixión, referidos ao comportamento do ben. Van á cuestión central: o ben e o mal; o corpo e a alma.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


1 + = 2