medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Conto de Nadal

Cris Pavón volve agasallar aos lectores de Letra en Obras cun dos seus relatos, aínda que desta volta elixe un tema ben actual que non é precisamente o nadal.

O home camiña polas rúas de Washington cara a unha xuntanza de terapia colectiva. Quedou só estes días mentres a muller e os fillos ían a Madrid a comer o turrón cos avós e demais parentes. Fora decisión dela, no último intre: a cousa está fea e non hai que descoidar as relacións familiares, dixera. E engadira: non quedes só dándolle aos miolos, vai a ese centro de rehabilitación de corruptos, quixen dicir insolidarios, poderíache servir para a túa defensa. E rematara: tiven un pesadelo terríbel, instalaban unha folla Gillette enorme no parque d’O Retiro, suspendida no ar, e facíannos pasar por embaixo dela. Pois non vaiades aló, respondera el. Si, imos ir, só foi un mal soño.

Un vento xélido, que agranda a sensación de andar co cu ao aire, asubía nas rúas dese Washington. O home sube as lapelas do abrigo de pel boísima e axusta a bufanda de óptima la. Pero non abonda. Bota un grolo da botella que leva no peto, envolvida na inevitábel bolsa de papel. Decátase de que non se barbeou. Bota outro grolo. Dóelle a fenda que se abriu na súa vida e que ameaza con rachala. Non será unha fenda tan grande que non se poida encher con ben de cartos, dise, e bota un grolo mais xa na porta do centro.

Chega á sala de xuntanzas orientándose polo Jingle bells, Jingle bells. Xesús, non se cabe! Entre moreas de xente albisca a Jaume Matas, que, ao fondo, con gorro de Santa Claus e sorriso permanente reparte café e doces á concorrencia. Detrás del, unha gran foto en branco e negro do mesmo Jaume. Está nunha praia das illas Cíes, leva un abrigo de excelente pelo de camelo, sostén na man unha galleta de chapapote do Prestige e semella dicir coa mirada, na que non pode agachar o fastío: fáltame tempo para os meus negocios e aínda teño que andar nestas andrómenas! E, se se mira fixamente, vese que di tamén: como estrague este abrigo excelente con esta merda, vanme pagar outros dous estes pailáns!

A actitude na foto é case igual á de arestora. Diferenzas: no canto dunha galleta de fuel terma dun boliño de chocolate; tamén parece considerar ao público de agora algo mais escolleito. O home decátase de que sente envexa. Jaume parece impermeable ao problemático da súa situación, semella estar a levar polo baixo complicadas contas que o abstraen de reflexións doutra índole, das de índole incómoda especialmente.

As flutuacións nos grupos de xente – quizais tamén a forza con que o home fita a Jaume – fan que se estableza contacto visual entrambos. Jaume, de lonxe, ofrécelle un gorro igual ao que el leva e vaiselle achegando con sorriso acentuado. O home víralle as costas. Gustaríalle espertar, pero xa está esperto. Pois logo durmir. Non pensar. Esquecer, pero acorda de todo. Sente unha man no ombreiro. É Jaume, claro.

– Ho ho hooo! Viva Santa Claus! Viva a República!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


7 + = 8