medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Chaves Nogales, a terceira España

Un artigo de Henrique Mariño

H. Mariño

Chaves Nogales volta aos andeis das librarías. Renacimiento recupera La defensa de Madrid e Crónicas de la Guerra Civil, dúas obras sobre a contenda fraticida que fendeu España que completan a visión do xornalista sevillano xa exposta na certeira radiografía de ficción A Sangre y Fuego. Nin facha nin roxa, Chaves Nogales é a terceira España. Unha equidistancia que tamén achamos no debut da prometedora Ada del Moral, quen en Noches de Casablanca (Leer) recupera a figura do seu tío avó Luis Ruiz Huidobro, militante de Unión Republicana que, ante o vacío de poder, fuxidos os grandes dirixentes da capital, chega a ser subdelegado da Junta de Defensa de Madrid con Miaja. Un personaxe doblemente esquecido: o do demócrata centrista que morre no exilio mexicano, abandonado pola causa nacional (claro), pero tamén pola tricolor (nin socialista, nin comunista, nin anarquista, ergo…). Outro día falarei cumpridamente da autora madrileña. Mentres, vaian facendo boca co necesario testemuño de Chaves Nogales, rescatado do inxusto ostracismo da ditadura para chantarse, décadas despóis, no cumio do xornalismo español.

Tamén estou en Twitter e Facebook.

Queres saber máis de Henrique Mariño? Pica aquí

3 comentarios a Chaves Nogales, a terceira España

  1. Reciéntemente también se ha publicado la biografía de Manuel Chaves Nogales por María Isabel Cintas: “El oficio de contar”.
    Habrá que meterle mano a alguno de estos libros del autor sevillano.
    Bicos dende o sur.

  2. Boas, Carlos:

    Empeza por ‘A sangre y fuego’, aínda que a biografía de Juan Belmonte é unha xoia. Do publicado ata agora, rescata as obras editadas pola Deputación de Sevilla e deixa para logo ‘La agonía de París’. Apertas norteñas.

  3. Pingback: Solución Salina » El mourinhismo y la tercera España

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


7 + 8 =