medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Aprender a ler ou non

agora, aí

Lara Rozados

Lara Rozados

funciona o concepto de incursión,

a época da máquina e da

non posibilidade de escribir

de memoria:

todo está roto,

Das Kapital, Ruído Negro, “Nos días do medo”

 Un artigo de Lara Rozados

Chámame a atención a polémica suscitada pola publicación do artigo de María do Cebreiro en “El País” o 18 de novembro, “Ler ou non”. Máis en concreto, chámanme a atención os discursos xerados a partir do que se entendeu, dunha forma moi reducionista, case como un ataque contra certo tipo de literatura contemporánea, para público infantil e xuvenil, e como operan os mecanismos de lexitimación dentro do campo literario. A que intereses obedecen estes discursos? Por que algunhas voces, cito a Jaureguízar, pero podería mencionar outras, senten a súa posición vulnerada e interpretan unha crítica lúcida e certeira como un ataque contra esta posición?

O día anterior á publicación do artigo tiven ocasión de falar con María, no marco dunha clase: aquela tarde tiña lugar unha intervención de Celso F. Sanmartín, Celsiño, no Museo do Pobo Galego, acompañado por Celsa, Hortensia, Amparo, e moita outra xente de Zobra. Recordei a experiencia como monitora dun grupo de rapaces cando, anos atrás, percorrendo o Candán, deron con estas enciclopedias da cultura, auténticos tesouros vivos, e a fenda foi evidente. Nin falaban o mesmo idioma (xa non quero entrar en cuestións sociolingüísticas), nin a forma de estar no mundo e de comunicarse era minimamente parecida. Non me vou pór apocalíptica, pero algo falla cando un grupo de rapaces de ámbito urbano chega a Zobra e non é quen de entenderse. Digo aquí “entender” máis alá do seu significado funcional, de descodificar correctamente un texto no seu sentido literal. Falamos tamén de novas tecnoloxías naquela clase, e de como, si, son unha ferramenta (máis), pero non a panacea (e a confianza cega nelas pode xerar auténticos problemas cognitivos: a nosa memoria non funciona coma a de Celsa, Amparo e Hortensia).

Do mesmo modo, algo falla cando pensamos que unha estudante de 4º da ESO non vai entender a Cunqueiro (ou a Celso Emilio Ferreiro, ou a Ferrín, ou á Rosalía de Castro irónica e intelixente do prólogo de Follas novas). Desconfiar da capacidade crítica do alumnado de secundaria é sintomático de que algo vai mal. Se cadra é problema de quen non confía nesa capacidade, e polo tanto cre necesario restrinxir o acceso do público adolescente a certo caudal de experiencia. Porque cómpre non esquecer o sentido benjaminiano da tradición como experiencia, nin tampouco pecar de inocentes, e pensar que todos temos acceso a todo e polo tanto, aquilo ao que non accedemos é porque non queremos, nunha sorte de darwinismo cultural, en que varias liñas de forza (intereses do mercado editorial?) actúan como seleccionadoras, e polo tanto, como restritivas. Na época do que dan en chamar tecnoloxías da información recibimos máis estímulos ca nunca e as canles de información nola achegan en tempo real, nunha pretendida ilusión de “acceso”. Pero é ese acceso real? A que? Ao que ten máis peso no mercado, o que máis veces se reproduce por facebook, aquilo co que máis se nos bombardea? E que acontece con aquelas expresións culturais que non manexan as novas tecnoloxías? Esta sobreestimulación en que dá? Somos máis capaces de seleccionar, ver máis alá, ler entre liñas, reelaborar criticamente aquilo que nos é dado como “natural”? Coma sempre (xa se irán afacendo!) teño moitas preguntas, moitas máis ca respostas…

 

Queres saber máis de Lara Rozados? Pica aquí

 

Comentario a Aprender a ler ou non

  1. Obrigada por artigos coma este, que mostram inteligéncia e valentia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


6 + 9 =