medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Amo a sociedade

Un artigo de Mauricio Delito

Mauricio Delito

Odio o meu veciño. Só nos separa un fino tabique nun edificio de 60 apartamentos. Estrésame. Escoito as conversas que ten coa súa moza italiana ou cando fala por teléfono con xente tan mediocre coma el e a miña ansiedade medra e medra. A escolla idiomática, o ton de voz, as palabras… O fulano representa, ao meu ver, o éxito da sociedade capitalista moderna á hora de moldear seres sen alma.

De certo que se alegraría da recente detención de 6 cidadáns independentistas. E seguro que non se enteira de nada o tío, que admira os artigos de Fernando Ónega e cousas así. Non o soporto. Debe de ter a miña idade. Probablemente o odio sexa mutuo. Esa é a sensación que me dá cando nos cruzamos no corredor. A mirada fría e distante.

Por outra parte eu non son ningún santo. Entre os meus defectos destacaría a preguiza á hora de envolverme nas relación sociais, no activismo social e na denuncia pública das inxustizas sociais que desencadean a constitución de suxeitos como o que acabo de describir ao principio do texto. Lin a última novela de Houellebecq Le carte et le territoire e reafirmeime na idea de que resulta complicado ser unha persoa íntegra, cumpridora e solidaria nas relación sociais. A propia sociedade alimenta comportamentos individuais mesquiños que dificultan a unión das persoas. De algo parecido fala Antonio Doñate en Acceso al comportamiento, lúcida novela que por certo molaría que fose traducida ao galego (fala máis e mellor do noso paísiño que boa parte das novelas que se publican en lingua rosaliana) para que neste idioma a lesen as xeracións vindeiras. En todo caso, o que en Houellebeq camiña máis ben cara ao nihilismo autodestrutor, en Doñate devén, a pesar das dificultades, na creación de redes de afectos e cooperación entre as clases subalternas, isto é, a maioría da poboación. E cun mapa de pequena escala. Niso coinciden.

As relacións sen usura, o comunal. Tamén Como estás? de Claudio Pato e Le Havre de Aki Kaurismaki tiran para aí: “conscientes de viviren nunha realidade hostil, interveñen na existencia para mostrar a súa fraxilidade, mais tamén a súa exultante beleza”. Esta frase acáboa de ler nunha revista de cine e acho que entendo o que quere dicir: Groupons-nous. Vexo O neno da bicicleta dos irmáns Dardenne e saio do cine sentIndo no corazón algo así como un chute de paz e felicidade e de esperanza no xénero humano.

Amo a sociedade e a sociedade é a culpábel. Hai que ser optimistas. Mais chego á casa e, no aire, outra vez a súa voz. Vouno matar. Xúroo.

 

Se queres saber máis do autor, así nos fala Mauricio Delito de si mesmo

4 comentarios a Amo a sociedade

  1. A pistola doucha eu.

    “Un só non pode cambiar nada, precisa dos demais. E como ós demais tampouco se lles pode cambiar, entón ás veces teño que berrar”.

    (Hugo Sennart, en Le Gitan)

  2. Podo facerche bo prezo para arranxar o do italiano. Adiantando as rebaixas en deixameloami.com… 🙂

  3. Quen me dese que Ónega escribise con este humor!!!

  4. ENTEIRA ou semidesnatado?

    siga tocando, mauricio…

    abrazo.

    emil kostad

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


3 + = 5