medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

A primeira vez

Un artigo de José Luís Sucasas

O primeiro bico adolescente, a primeira pelexa, o primeiro cigarro, a primeira vez que viches o mar…As primeiras veces non teñen por que ser as mellores, nin tampouco as peores. Son só iso: as primeiras. Pero algunhas entalan na memoria de por vida.

J.L. Sucasas

Tiña eu catorce anos e cursaba interno no Seminario Maior de Lugo o quinto ano de Bachiller. Os que pertenciamos á Schola Cantorum sacábannos de paseo os xoves, aí contra a tardiña, para cantar nos oficios do Santísimo na catedral. Saiamos pola porta grande, enfiabamos a rúa Bispo Aguirre pola beirarrúa das librarías, cruzabamos o semáforo da Ronda e xa dentro da muralla, as mais das veces, faciamos unha paradiña no quiosco La Española para fornecernos de pipas, caramelos ou paus de regaliz. Logo, xa só eran uns pasos ata o fondo da Praza Maior e baixar á esquerda cara a porta dos clérigos da catedral.

Nun deses paseos prendéronme os ollos nun libro do escaparate da libraría Aguirre. Tiña por título OJOS DE PERRO AZUL e o seu autor era un tal Gabriel García Márquez, que non saía nos meus libros de literatura. Na capa aparecía debuxada a faciana esbrancuxada dunha muller sobre un fondo de ceo esfiañado. Non lembro se me enfeitizaba que un can puidera ter os ollos azuis ou que á muller da capa lle pintaran uns ollos de can. O libro de peto era da colección Rotativa de Plaza&Janés e custaba 45 pesetas, seguramente toda a miña asignación mensual. Cegado polo feitizo, merquei o que sería o meu primeiro libro, pola miña conta e sen que ninguén me mandara. Logo, botei un xoves tras outro, non sei cantos, pasando por diante de La Española e vendo como os compañeiros saían cos petos cheos de larpeiradas.

Pero polas noites, cando se apagaban todas as luces e os demais durmían ou se acariñaban en silencio, eu acendía a miña lanterna debaixo das mantas e lía un tras outro os once relatos do libro: La tercera resignación, La otra costilla de la muerte, Eva está dentro de su gato, Amargura para tres sonámbulos, La mujer que llegaba a las seis, Diálogo del espejo….Monólogo de Isabel viendo llover en Macondo, Nabo el negro que hizo esperar a los ángeles, Alguien desordena estas rosas, La noche de los alcaravanes e Ojos de perro azul. Aquilo era unha regalía de palabras e un xeito de enfialas que me furou a alma tan dentro que xa nada ía ser igual ca antes, para ben ou para mal. Ou tamén para nada, que segundo se mire.

Dous anos despois, cursando COU no Instituto Masculino Lucus Augusti, o profesor de Literatura que tiña problemas co “r”, don Xesús Alonso Montero, púxonos de lectura obrigada El Otoño del Patriarca. Unha mestura de orgullo e satisfacción apoderouse de min: Eu xa sabía quen era Gabriel García Márquez.

Autobiografía de J.L. Sucasas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


4 + 6 =