medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

“Os textos curtos e condensados parécenme o máis apropiado para unha literatura activa”

Iria Morgade

Iria Morgade Valcárcel (Pontevedra, 1988) vén de rematar a última versión da súa novela “Verbas no ar”, que usa as revoltas do último ano en diferentes sociedades axfisiadas para tecer un relato no que pretende explicar que “a humanidade ten algo en común”. A novela serviulle para gañar o VII Premio Biblos – Pazos de Galicia e estará nas librarías do país antes do nadal, despois de ter colaborado na fase final co escritor Xabier P. Docampo. Estudou Ciencias Políticas entre Compostela e Madrid e cando fala sobre a formación da afección á lectura recoñece que “de pequena sempre me gustou moito e a miña nai gústalle moito escribir polo que collo dela o gusto pola literatura, como tamén o gusto de escribir”. Desfruta lendo e se lle pedimos que chame a atención sobre xente que escribiu libros nos que naufragou felizmente di Lovecraft, Kundera, Ferrín, Auster, Fernández Paz, Rosalía ou Celso Emilio Ferreiro.

De que maneira pode contribuír a literatura a cambiar o mundo?

Non se trata de abrir mentes, porque iso é un proceso propio de cada un pero axuda a reflexionar, ás veces utilizando as situacións límite para que se faga remover algo. Eu estudei políticas e vendo como a xente tenta concienciar doume conta de que ás veces é metódico, pouco atraente, unha simple exposición de ideas, máis de tese que outra cousa. Aí é onde xoga a literatura, ofrecendo un achegamento diferente.

Que efecto pretendes producir no lector cando escribes?

Concienciar non é unha palabra que me guste, porque vexo que ten algo de imposición para que a xente pense dunha forma ou outra. Pero si que, ás veces, eu vexo as cousas dunha maneira clara e simple e tento achegar esa visión xa que ás veces semella que todo ao redor complica a nosa mirada, hai moito ruído que nos impide chegar ao fondo. As situacións límite axudan porque hai cousas que nós agora vemos máis difuminadas e podemos atopar nas situacións límite paralelismos nos que non pensaramos.

Ata que punto pensas que a novela pode ser avaliada máis en base ás posicións políticas que ás cuestións estéticas?

Son consciente de esa posibilidade, pero non se pode facer moito. Sei que pode ser visto como unha novela oportunista pero realmente penso que a política, a socioloxía, a humanidade e a estética son cousas que van xuntas, entón eu non describo uns feitos políticos e xa está. É a través dos personaxes como eu intento transmitir que a humanidade ten algo en común e que o que sentimos está moi vinculado co que facemos a outros niveis. A novela parte duns feitos reais pero despois está toda a historia e eu pensei que seguía sendo apropiada porque a literatura vive nun mundo.

Se tiveramos que falar de elementos, literarios ou non, que axudaron ao devalar que se rematou titulando “Verbas no ar, cales citarías?

Home os referentes poden ser esa situación global e un pouco a miña situación, non de apatía, pero semellante, como a de moita xente. Entón é un xeito de tamén revelarme contra todo o que pensei eu e contra o que pensen os demais. Ademais tamén inflúe o momento histórico polo que pasamos e, en xeral, a min gústame a literatura política de Celso Emilio Ferreiro a Suso de Toro, con esa forma directa de contar.

A novela nace para o Premio Biblos ou xa estaba en xestación?

Nace para o Premio Biblos. Había moito que non me poñía a escribir, o ano pasado déronme unha bolsa para ir a Honduras cunha ONG e como unha parte dos requisitos que valoraban era un relato que lles había que enviar iso animoume. Daquela, este ano sabía que había o Premio Biblos e comecei a maquinar algo para enviar alí.

Que función pensa que pode cumprir o premio nunha literatura non normalizada?

Paréceme moi importante, basicamente polo que me pasou a min, que non tiña moi claro que este fora o meu camiño e convertese nun impulso para seguir, ademais dunha oportunidade para publicar. No que se refire á contribución á literatura, que un escritor de prestixio participe no proceso de selección das obras é unha certa garantía de calidade do que se publicará.

Nese senso, este ano foi Xabier P. Docampo quen exerceu como membro do xurado e, posteriormente como titor. Como correu a colaboración con el?

Moi ben. É unha persoa que ten moita experiencia e sabe transmitila. É un grande pedagogo porque hai moita xente que ten esa experiencia pero non a sabe transmitir e el con poucas palabras di cousas nas que despois quedas pensando moito tempo. Coa novela sempre foi moi entusiasta e as sensacións foron boas.

Chimpando ao outro lado da comunicación literaria, que buscas ti cando vas ler un libro de ficción?

A min gústame moito a paranoia, o escuro, un libro que sexa enigmático, que lle deixe moito traballo ao lector. A verdade é que podo ler de moitos xéneros, pero reparo moito na estética na escritura, canto máis se afonde no traballo poético máis acostumo desfrutar.

Como ten que facer hoxe a literatura para adaptarse a esa nova maneira de comunicar, con discursos máis curtos ou máis directos determinados en parte pola forma de comunicarse nos novos soportes?

A min gústame a literatura rápida e ao escribir xa me saen os cambios de perspectiva, de personaxe ou de tempo. Tamén me parece a maneira de convertelo nun modo de comunicación no que participe máis o lector, que non sexa un discurso que esteas lendo sen tempo para reflexionar. Textos curtos e condensados que parécenme o máis apropiado para unha literatura activa.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 4 = 9