medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Moisés Álvarez e Carla Capeáns estrean o apartado de Opinión

Moisés Álvarez

 

Carla Capeáns

 

Colleita do 79, nado nas terras de Sanguiñedo (Mos) e afincado agora en Ponte Ulla (Vedra). O xornalista Moisés Álvarez, especializado en comunicación cultural, é o encargado de inaugurar a nova sección de Opinión cunha interesante relectura de Max Aub.

Canda el tamén comeza outra amiga da casa: a actriz (ela defínese como “proxecto de actriz”) Carla Capeáns. Dende hai catro anos mantén o blog teatrogalego.com e forma parte das compañías NCC Teatro e da Aula de Teatro da USC.

Nas vindeiras semanas, canda Carla Capeáns e Moisés Álvarez estarán compañeiros de viaxe como: O Leo, Diego E. Barros, Miguel Mosquera, Isabel G. Couso, Xurxo Martínez, J.L. Sucasas, Xurxo Chapela, Henrique Mariño, Lara Rozados, Xavier Campos, Iván Parra…e máis nomes que vos iremos desvelando nos vindeiros días.

Todos eles teñen o encargo de escribir sobre o mundo da cultura en xeral ou das letras en particular (das nosas e das de fóra) dende calquera perspectiva. Os opinadores e opinadoras teñen licenza unha vez ao mes para todo: amar, odiar, aplaudir, trousar, disparar pólvora con letras…E nós temos licenza para agradecerlles a súa inestimable achega a este proxecto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 8 = 16