medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Precísanse poetas, razón aquí mesmo

O inverno chama á porta e xa as rúas comezan a espirse de xente. E para onde van as galegas e os galegos cando xea en Lugo, Allariz, Toques, Becerreá, Forcarei ou no Castro de Beiro? Non vos enterastes? Volveron mercar bolígrafos e andan ensarillando unhas palabras nas outras porque se enteraron de que Letra en Obras quere artellar un novo libro colectivo, para dar conta do que di a xente cando se lla da por dicir mediante a poesía.

Quen pode participar?
Todas aquelas persoas que non teñan publicado un libro de poesía individual, enviando un máximo de tres poemas. @s que queiran participar utilizando un pseudónimo poderán facelo enviando ao noso enderezo contacto@letraenobras.com os seus datos e o seudónimo co que queren asinar. Letra en Obras realizará a escolma de entre os textos recibidos cando remate o prazo de envío.

Cando remata o prazo de envío?
Co pasamento do mes de febreiro, en día 29.

Como se vai chamar o libro?
Iso é cousa vosa, pois dende agora queda aberta no espacio de comentarios desta noticia a posibilidade de facer propostas para un nome de entre os que nós escolleremos un.

Que levarán @s autor@s dos poemas elixidos?
Unha considerable cantidade de gratitude e a posibilidade de entrar en contacto cun público lector, a posibilidade de facer existir os seus poemas ao introducilos na cadea sen fin dos textos que un día se escribiron e non paran de volver nacer.

Esta, precisamente, é a arela primeira de Letra en Obras: ofrecer ferramentas para continuar tecendo esa rede pegañenta que nos segue a limpar dos ollos o contorno das cousas ordinarias.

Comentario a Precísanse poetas, razón aquí mesmo

  1. Gustaríame participar, pero non sei o extensa que pode ser a poesia, eu so son aficionada pero non sei normas. Si vale que así sexa, contade conmigo.
    Saudos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 8 = 13