medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

A boa xente

Moisés Álvarez

Moisés Álvarez


Un artigo de Moisés Álvarez

        
     
Esta é a primeira entrega dunha serie de artigos nos que algúns dos meus relatos favoritos encontraranse con asuntos actuais. A serie chámase “Non é conto”. Colle o título do libro ‘No son cuentos’ de Max Aub, do que tomo tamén o relato que motiva o primeiro comentario: “El cojo”.

  

  
 
     

“Vivían e non lle importaba a ninguén, posiblemente nin a eles mesmos”. Presupoñemos que as causas xustas van ser defendidas por persoas xustas, pero non coñecemos a esas persoas, non sabemos nada da súa vida e as súas circunstancias. Aínda así, queremos que sexan boa xente para poder crer nelas. Un día lemos que en Libia se levantan contra Gadafi e alegrámonos. Ao cabo, trátase de derrocar un ditador. Logo desconfiamos porque están polo medio a OTAN, os intereses estratéxicos, o petróleo, as tribos, o islamismo, o odio e o refrán dos pesimistas, aquel que di que máis vale malo coñecido. No fondo sentimos a impotencia de non poder administrar ao noso gusto un anhelo de cambio construído con motivacións tan dispares como cada un dos que pelexa por el.

Imaxino que todas as revoltas necesarias están inzadas de persoas como El Cojo de Vera, o personaxe que Max Aub debuxa enzoufado na miseria, arrastrado sen resistencia pola corrente dun sistema que non lle permite amar, e que na axitación bélica descobre que ten algo de seu e aférrase a el con todas as forzas. Pensa que a vida é iso e ten sentido. Pouco importa que a poida perder axiña ou que na ecuación da loita xusta non comprenda que o importante é o adxectivo. A sorte está botada e xa escolleu o bando. En Libia e en calquera outro lugar do mundo, é inxenuo pensar que as causas xustas van ser defendidas por bandadas de merlos brancos.

“El Cojo”: Max Aub, No son cuentos (Huerga y Fierro Editores, 2004)

Se queres saber máis do autor, así nos fala Moisés Álvarez de si mesmo

2 comentarios a A boa xente

  1. O merlo branco non existe e se existise non tería a tatuaxe da NATO nas alas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


8 + 4 =