medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

O que está a pasar…

O mércores, dende as 19.15 horas celebrarase na Praza do Campo Castelo, en Ourense, a Revista de literatura oral ao vivo. Na actividade participarán contadores de contos como Elba Requeijo e Ángel Rivas Veiga; o escritor Isidro Novo; os músicos Leo i Arremecághona e Daniel Pando; o xornalista Paco Nieto e o investigador Fernando Arribas.

Na coruña bota a andar o Obradoiro de creación literaria organizado pola AELG, que este xoves contará coa participación da escritora estradensen Antía Otero. Esta actividade está destinada a persoas maiores de 16 anos e realizarase no Museo de Belas Artes (Rúa Zalaeta). A actividade é gratuíta e continuará durante os meses de outubro e novembro ata completar un total de dezaseis horas. Ademais, a Asociación de Escritores en Lingua Galega organizará este sábado unha xornada sobre a figura de Castelao, con conferencias que se celebrarán no Auditoria da Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia dende as 10.30 horas.

Que pasa na cultura? Ourense ofrece cinema e banda deseñada
O XVI Festival internacional de Cine de Ourense comezará coa proxección do filme La voz dormida, do director andaluz Benito Zambrano, que se proxectará o venres 14 ás 21.00 horas, no Auditorio Teatro. Despois comeza unha programación que durará ata o día 23, coa participación de máis de cen cintas na Sección Oficial, un ciclo adicado ano cine galego Panorama Galiza, con máis de 20 filmes; e diferentes ciclos temáticos entre os que estarán Comedia, Igualdade, Visión da américa latina ou Visión da Europa atlántica.

Tamén se celebrarán as XXIII Xorandas de Banda deseñada en Ourense, do 4 ao 18 de outubro, na Casa da Xuventude, que este ano homenaxea ao finado director da casa da cultura e habitual mantedor deste evento, Benito Losada. Esta sección contará con obras dalguns dos autores máis recoñecidos do panorama da banda deseñada galega. Ademais, ofrecerase unha exposición que repasa os dez anos de vida da publicación Polaqia, que anunciou recentemente o fin da súa actividade e tamén se exhibirá unha selección das obras participantes no Certame de Cómic e Ilustración Infojuve 2010.

2 comentarios a O que está a pasar…

  1. No tocante á revista oral en vivo, coido que se referirá á Praza do Campo Castelo en Lugo. En Ourense non coñezo ninguna.

  2. Aínda que xa é un pouco tarde de máis, de tódolos xeitos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


4 + 6 =