medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Poetas neofalantes e paleofalantes andan a hostias por Vigo

O colectivo vigués A Hostia en Verso segue a convulsionar a cidade do sur. O vindeiro xoves organizan o primeiro combate entre poetas paleofalantes e neofalantes. A cita terá lugar no centro social Bou Eva (no número 11 da rúa Terzo de Fóra) o vindeiro xoves día 29 (entre as 20 e as 23 horas). Os poetas-púxiles que andarán a hostias líricas son: Daniel Landesa, Xabier Xil Xardón, Neves Soutelo, Nolim, Eduardo Estévez e Ledicia Costas. O combate será presentado por María Lado e Lucía Aldao. O árbitro non será outro que o Leo i Arremecághona!

A velada demostra a efervescencia na que anda a poesía do sur, que non para de buscar novos xeitos divertidos de chegar ao gran público. Este é o enésimo combate, antes xa se viron as caras os poetas pescos contra os da montaña, os guapos contra os feos, etc. Toda unha demostración de versos, música e moito humor.

Comentario a Poetas neofalantes e paleofalantes andan a hostias por Vigo

  1. Mágoa non poder estar presente, como neófito poeta non lírico. Son púxil faxador (resistente os impactos), quen de soportar os embates do púxil máis pegador. Unha aperta
    Queipo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


8 + 4 =