medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

“Na literatura a revolución tecnolóxica é inevitable”

Alba PayoAsí se define Alba Payo, que protagoniza unha das novas entrevistas de Letra en Obras: “Son Alba Payo Froiz da quenda do 1981, estudei Historia na USC , actualmente doulle á Historia da Arte pola UNED e ao Inglés na EOI. Recentemente publiquei O que Darwin non previu coa editorial Urco. Publiquei unha poesía; Matanza por Internet coa Solaina de Piloño. Participei no libro colectivo Deixade pois que voe o Paporroibo co relato A Roda. E publiquei na Revista Murguía de Historia Nº13: “A rede escolar no Deza e Trasdeza nos ss.XVIII e XIX. A miña andanza literaria comezou na miña adolescencia obtendo o primeiro e o terceiro premio de relato curto Varela Buxán de Lalín e tamén alguna inmersión na poesía cun accésit no Francisco Añón de poesía en Serra de Outes. Actualmente son perpetua opositora á espera da miña oportunidade de ser profesora, mentres non caian os exames escribo as ideas que me rondan pola cabeza.”

Arranca o cuestionario:

1. Volvendo a vista cara atrás, cales son os teus primeiros recordos nos que anda presente a literatura, seguramente aínda como lector?

– A literatura, os libros, sempre estiveron presentes na miña vida pois na miña casa meu pai foi creando a súa pequena biblioteca catalogando incluso os libros, por suposto as primeiras recomendacións parten das recomendacións de meus país, e claro das lecturas do colexio.

2.-Se tiveses que citar un pequeno monllo de obras que te influíron en diferentes momentos da túa vida a cales te referirías e por que?

Teño bastante claro algunhas das obras que marcaron o meu devir literario e os meus diferentes gustos pola literatura, recordou con entusiasmo a obra de Michael Ende; A historia interminable, somerxeume nun mundo de fantasía na que eu acompañaba a Bastian máis a historia non era interminable como rezaba o seu título, así que cando a rematei quería volver a empezar a lectura. Outro grupo de obras que me marcou foron os cómics de Astérix e Obélix, devoraba estes cómics que tamén me axudaron co meu namoramento pola Historia. Tamén teño un recordo especial para os relatos de Rafael Dieste especialmente por A Morte do Bieito e o Neno Suicida, sentíame por completo dentro do imaxinario de Dieste.

Recordo xa como adolescente a lectura vida da obriga dos meus estudos de Méndez Ferrín, en canto o comecei a ler sabía que ía estar presente no meu futuro, Arraianos e Con Pólvora e Magnolias cambiaron a miña visión infantil sobre a literatura galega dos clásicos. Deste tempo é a lectura de Non hai Misericordia de Xelís de Toro con toda esa violencia.

Nestes momentos adolescentes destaco dúas obras de dous autores que me fixeron ampliar e confirmar o meu gusto pola lectura por un lado Crónica de una muerte accidentada de Gabriel García Márquez, e Muerte Accidental de un Anarquista, teatro de Darío Fo, obras que me fixeron descubrir a estes dous autores. Con García Márquez descubrín ese realismo máxico do que me falaban os profesores, vaia maneira de escribir, exquisita. E con Fo, atrevinme co teatro mentres disfrutaba dos días de sol na praia acertei en dar con outro grande e co compromiso político dentro do lecer.

Entre a miña adolescencia e os anos universitarios dei en ler algún dos clásicos do XIX e inicios do XX como Allan Poe, Conan Doyle, Bram Stoker entre outros polo seu terror, a intriga, a fantasía… un mundo ás veces gótico que me transporta a unha estética decimonónica

Non podo deixar de mencionar o tipo de literatura que máis me influíu na miña vida, a banda deseñada; e entre eles a de superheroes; destacando Superman, o meu heroe favorito, polas circunstancias históricas nas que nace, en pleno crack do 29 e a Gran Depresión surxe este heroe que todos/as necesitaban naquel momento. E por suposto a súa compañeira Lois Lane, unha muller independente, impropia para aqueles tempos. Pero tamén gusto doutros heroes de Marvel e DC Cómics como Spiderman, X-Men, Thor, Batman… Máis adiante comecei a ler outro tipo de cómics como os de Art Spielgman onde non cabía a temática de superheroes. Adoro o mundo de fantasía creado polos seus autores e a maxia á que me transportan os cómics.

Mención especial aínda que dentro das categorías anteriores estaría a literatura feita por mulleres. Empezo por Rosalía de Castro sen dúbida presente dende a miña infancia, na casa e no colexio, un eco que sempre está presente, sobre todo a morriña e a melancolía, o pesimismo que ás veces eu mostro no que escribo. Logo da adolescencia varias obras de Isabel Allende e Laura Esquivel co seu como Agua para Chocolate. Parello á literatura decimonónica atrevinme con Virginia Wolf un pracer para os sentidos. Encandiloume El verdadero final de la Bella Durmiente de Ana María Matute, como se rompe a fantasía dos teus contos infantís dándose de bruces coa realidade.

Por último un recordo para Saramago, que delicia de escritura, de historias, tiña un lapis prodixioso .

3.-Como se dá o paso da lectura de textos emprestados á escritura de textos propios?

Chega un momento no que pensas, “por que esta historia non sigue por este roteiro?, por que esta personaxe non evoluciona de tal xeito? Gustaríame que rematase así, que sucederá isto ou aquilo. A única maneira de conseguir que suceda o que ti queiras é tomando as rendas da túa propia historia, crear os teus personaxes, a súa evolución, o seu desenvolvemento, o seu final… A partir de aquí e dalgunha experiencia extraída da realidade que considerei que debería ser mentada comecei cos meus primeiros relatos na miña infancia e logo viñeron as poesías na miña adolescencia, e a partir de aquí, escribir, atopar o teu camiño.

 

4.Letra en Obras aposta polo aproveitamento das novas tecnoloxías para a difusión da literatura. Chimpando a un nivel paralelo, consideras que se está a facer todo o posible para aproveitar estas ferramentas de cara á creación de novos discursos que se axeiten aos novos formatos (internet, teléfonos…)?

Con respecto ás novas tecnoloxías penso que queda moito por facer e que estas nos poden dar un azo de esperanza especialmente á literatura galega. As novas maneiras de acceder a ela, achégannos a novos lectores que usan destas tecnoloxías e que por interese poden iniciarse na nosa literatura, que doutra banda ao mellor non o faría. Pode ser un medio adecuado de achegar a lectura, o gusto por ler aos máis pequechos a partir de algo que lles gusta. E os de sempre os que len de momento aínda teñen o formato de libro, pero creo que se tes interese enseguida te adaptas aos novos tempos. A almacenaxe de literatura de xeito dixital resulta máis barata, xa sei que é un problema para editores e incluso escritores, pero pensando máis alá trátase da perviviencia da nosa literatura e da nosa lingua e debemos ir á par cao resto das literaturas non detrás como soemos facer sempre. Coas novas tecnoloxías a xente poderá ter dun xeito máis barato e máis a man moitísima máis literatura coa que contar e para min creo que iso é bo. É certo que existe un sector reticente que vive ao redor do libro co que é máis difícil promover ese achegamento á nova concepción do libro, pero a revolución tecnolóxica é inevitábel.

 

5.Que medidas consideras precisas para gañar lectores para a nosa literatura?

Como xa dixen antes, por un lado achegarse ás novas tecnoloxías, doutra banda existe unha necesidade de literatura de Ciencia Ficción propia e banda deseñada que boto de menos nos andeis. Outro punto sería a realización de grandes best-sellers que teñan gran saída para difundir a literatura galega aínda que non sexan necesariamente bos literariamente, para que a poidamos ver á xente nas praias ler este tipo de libros en galego e non só en castelán. Doutra banda plantéxase a necesidade de rápidas traducións das novidades internacionais que están a ter éxito, como ocorre en Catalunya e sacalas simultaneamente ao resto do territorio español, literatura tipo Harry Potter ou a saga de Crepúsculo de tan éxito de vendas entre adolescentes.

6.-Como xorde o relato co que participas en Letra en Obras?

Este relato da residencia foi unha idea que me xurdiu un día que ía á clase de inglés, o camiño a percorrer sempre é o mesmo, e este camiño lévame por diante dunha residencia de anciáns, ese día en concreto sentín como a reixa do asilo se pechaba tras de min cun son chirriante por falta de aceite que me resultou estremecedor e así comecei a darlle a volta a unha idea de que alí ocorría algo estraño. A partir de aí aparece a Residencia.

Comentario a “Na literatura a revolución tecnolóxica é inevitable”

  1. Que marabillosa formación lectora. Un exemplo a seguir na procura da madurez persoal e intelectual dunha persoa.
    Efectivamente o galego ten que aproveitar o poder das TIC.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 7 = 13