medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

“É básico dispoñer dun amplo catálogo de traducións”

Paloma Calvo, outra das voces que participan no primeiro libro Letra en Obras, fala connosco de como se iniciou na literatura, a súa perspectiva actual sobre a mesma ou en que se baseou para escribir o relato “Autobús das 17:05”. Antes de comezar a disparar preguntas pedímoslle que nos escriba unha breve autobiografía. Eis:

“Paloma Calvo Varela naceu un 23-F en Pastoriza, Arteixo, e é xornalista. Ten publicado o libro A Vinganza da Mantis (Espiral Maior, 2007) e conta, ademais, con varias mencións literarias en prosa e en poesía. A súa vida xira nunha eterna melodía de heavy metal esmagando as pantasmas do cotián coa verba escrita e cos riffs de Metallica, namentres o seu alter ego vive historias paralelas nun xogo de rol. Ás veces inmigrante ilegal da súa propia existencia e cualificada por algúns como “toxo revirado”, normalmente funciona como unha autómata alucinada que sempre anda en vinte cousas a un tempo. O Periódico de Arteixo, Canal NW ou a Revista Grial son algunhas das publicacións nas que ten colaborado.”

Volvendo a vista cara atrás, cales son os teus primeiros recordos nos que anda presente a literatura, seguramente aínda como lectora?

Lémbrome dunha actividade que facíamos na clase, nos primeiros anos da primaria, que consistía en organizar unha sorte de biblioteca e un día á semana, escoller un libro que ler durante os sete seguintes, e facer un resumo do mesmo como mostra do traballo feito. Xa daquela devoraba historias con ansiedade e moitas veces non podía esperar os 7 días de rigor para coller o próximo libro, e a metade de semana xa andaba ao rabo da “profe” pedíndolle que por favor, me anotase o seguinte.

Se tiveses que citar un pequeno monllo de obras que te influíron en diferentes momentos da túa vida a cales te referirías e por que?
Un dos primeiros libros que me causou impresión foi “Dos arquivos do trasno”, de Rafael Dieste. Un dos seus relatos, Sobre da morte do Bieito, traumatizoume durante moito tempo coa idea de que alguén puidese ser enterrado en vida. Tamén é certo que cando o lin, aínda que non lembro que idade podía ter, era noviña e de feito, collera o libro dun dos andeis da habitación de meu irmán, que me saca 14 anos. Mais o caso é que moitos libros deixaron pegada, e supoño que coincide con aqueles cos que se estableceu un vínculo especial cos protagonistas das páxinas. Non hai un estilo nin un patrón definido.


Como se dá o paso da lectura de textos emprestados á escritura de textos propios?

Todo comeza como unha sorte de xogo, porque no concello acostumábase a facer unha pequena “competición” literaria entre as diferentes escolas, así que supoño que o tomei como unha actividade máis á que me volvín adicta tras gañar a primeira vez que me presentei, coa correspondente ilusión que iso lle podía facer a unha nena de 7 anos. Co tempo, abandonei as historias de animaliños por outras xa máis “humanas”, e co verme da escrita xa no corpo, simplemente foi cuestión de que asimilei a literatura como unha forma máis de expresión e de expansión do propio “eu”.

Letra en Obras aposta polo aproveitamento das novas tecnoloxías para a difusión da literatura. Chimpando a un nivel paralelo, consideras que se está a facer todo o posible para aproveitar estas ferramentas de cara á creación de novos discursos que se axeiten aos novos formatos (internet, teléfonos…)?

É difícil predicir a evolución de algo tan antigo como a literatura coa aparición das novas tecnoloxías. ¿Renovarse ou morrer? Non estou segura de que sexa cuestión diso. É certo que cada vez máis as persoas pasan máis tempo nunha nova forma de ocio emerxente, pero penso que tamén hai certo tipo de rutinas que non se desbotarán de forma sinxela, e que o contexto íntimo que rodea a lectura segue a estar moi vencellado ao tradicional libro, ao seu cheiro e ao seu tacto. Unha oferta multimedia sempre chega máis lonxe e cantos máis flancos se abarquen, tanto mellor, pero tampouco se debe converter nunha obsesión, polo que creo que os pasos que se están a dar son suficientes.

Que medidas consideras precisas para gañar lectores para a nosa literatura?

Penso que unha correcta formación en literatura galega sementa un xerme necesario que co tempo remata por florecer naqueles suxeitos potencialmente receptivos. A quen non lle gusta ler, non lle gustará ler independentemente do idioma de publicación da obra. A aqueles para os que a lectura si é algo cotiá, coñecer a nosa propia obra e saber que en galego dispoñen tamén dun amplo catálogo de traducións é básico. E nisto, o profesor de galego xoga un papel fundamental porque na súa man está lograr que o alumno, no seu período de maior receptividade, perda todo medo ou receos que poida albergar. Superado isto, hoxe en día a literatura galega no tocante á creación non ten nada que envexar á castelá.

Como xorde o relato co que participas en Letra en Obras?
Foi un pequeno experimento paralelo a unha noveliña que comecei a escribir hai uns anos e que ficou un pouco en standby nun caixón, e que, aínda que é completamente independente, como unha bifurcación nun camiño, comparte personaxes. É unha sorte de relato psicolóxico que intenta reflectir a loucura da amante despeitada no medio da súa propia mestura de maxín e realidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


7 + 7 =