medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

“Sentía a necesidade de baleirar as palabras que foron crecendo no meu interior”

Foto de Xesús Fariñas Navarro

Letra en Obras conversa desta volta con Celia Parra, autora do relato ‘De fotografía e outras artes’, incluído no volume colectivo das 17 letras sen día.

Celia Parra Díaz (Ourense, 1990) comezou a súa andadura poética da man do certame Minerva, onde obtivo o terceiro premio en dúas ocasións. Gañadora en 2008 do Ánxel Casal de poesía, acada en 2009 o María Mariño e o Avelina Valladares, grazas ó cal viu publicado o seu primeiro poemario. No berce das mareas. Vén de recibir un terceiro premio no certame Xuventude Crea. É habitual de recitais e roteiros poéticos.

Volvendo a vista cara atrás, cales son os teus primeiros recordos nos que anda presente a literatura, seguramente aínda como lectora?

Lémbrome que me encantaba que meu pai me contara contos inventados, un distinto cada noite, antes de ir durmir. Segundo fun medrando supoño que fun substituíndo pouco a pouco a meu pai por un libro enriba da mesiña, case un distinto cada noite. E mesmo desde ben pequena gustaba de escribir os meus propios contos e debuxalos. Meus pais sempre me animaron moito con iso.

 

Se tiveses que citar un pequeno monllo de obras que te influíron en diferentes momentos da túa vida a cales te referirías e por que?

Sétima Soidade e Entre lusco e fusco de Pilar Pallarés, por ser quen me chegou máis fondo e prendeu a mecha para que eu comezase a estoupar en versos; a narrativa toda de Manolo Rivas, simplemente por atraparme; Demian, de Herman Hesse, por ensinarme tanto; Berlín e Nove, de María Lado, por lembrarme que a poesía está condensada nas pequenas cousas; El libro de los abrazos, de Eduardo Galeano, por valer máis que calquera clase ou conferencia e bordar cada frase cun medio sorriso.

 

Como se da o paso da lectora de textos emprestados á escritura de textos para converterse, daquela, en lectora de textos propios?

Chega un momento no que non basta con absorber letras, que sentes a necesidade de baleirar todas as palabras que foron crecendo no teu interior a raíz de todas as lecturas. Ás veces ten moito de terapéutico, axuda a poñerlle nome ó que rebule por dentro, lelo e, entón si, entendelo (e entenderse).

 

Letra en Obras aposta polo aproveitamento das novas tecnoloxías para a difusión da literatura. Chimpando a un nivel paralelo, consideras que se está a facer todo o posible para aproveitar estas ferramentas de cara á creación de novos discursos que se axeiten aos novos formatos (internet, teléfonos…)?

Penso que se lle está empezando a dar pulo, mais non sei ata que punto. Ben é certo que cada vez hai máis iniciativas ou concursos de microrrelatos, de “mensaxes de amor” escritos co móbil… cada vez ganan máis popularidade xéneros mixtos adaptados ás novas tecnoloxías, coma os videopoemas, os audiolibros ou simplemente os libros dixitalizados e compartidos… Pero penso que máis ben o que se está facendo é adaptar os discursos existentes ós novos medios. Creo que falta un pouco de innovación, de creación dunha nova linguaxe e novas formas de contar empregando estas novas ferramentas que temos agora. Por exemplo, experimentos coma a narrativa hipertextual (que fomenta a interacción do lector mediante o seguimento activo de enlaces ou hipertextos), a escritura colaborativa, ou a literatura multimedia (feita exclusivamente para o ordenador, incluíndo vídeos, mapas ou imaxes) son exemplos de E-literatura1 (tamén chamada literatura electrónica ou ciberliteratura) que me parecen moi interesantes, mais que aquí non acadaron o desenvolvemento que teñen a nivel europeo e americano.

 

Ata agora a túa habilidade para escribir era máis coñecida polo traballo na poesía. Como artellas a relación entre esta e a narración?

A verdade é que empecei escribindo só narrativa, pero agora e desde hai tempo estou máis centrada na poesía, que é co que me sinto máis cómoda. Así que teño que admitir que andan nunha situación de desigualdade agora mesmo, fágolle máis caso á poesía que á prosa… Pero si que me gustaría equilibrar a balanza, niso ando ultimamente!

 

Se pensamos que a literatura perdeu o papel central na creación de cosmovisións que tivo noutro tempo, pode un xénero cun público relativamente restrinxido, como é a poesía, correr un risco de desaparición maior que o da narrativa?

Supoño que sería máis probable, si. Aínda que as cousas van cambiando, a poesía segue a ter menos lectores ou mesmo unha consideración negativa (“elitista”, “enrevesada”, “difícil de entender”). Mais eu creo que coa dinamización que se lle está dando agora, por exemplo, cos recitais nos bares ou nas prazas, a modo informal e distendido, pode que deixe de ser ese xénero “minoritario”. E malia as ameazas de extinción, eu estarei sempre de acordo con Gabriel Celaya: “a poesía é un arma cargada de futuro”.

 

Hai textos gardados nos caixóns (disco duro) de Celia Parra?

Unha chea deles! Nas marxes dos apuntamentos, no envés de folletos publicitarios, en papeis soltos que logo quedan no fondo dos bolsos, e flotando en carpetas con outros moitos documentos de Word. Sería ben poñerme un día destes a enfialos todos…

 

1 Aquí a autora deixa ofrece un exemplo de poesía electrónica interactiva en inglés:http://directory.eliterature.org/node/322

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


9 + 2 =