medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

“Despois da miña primeira novela as miñas avoas rogáronme que me comedise un pouco”.

A roda sen freno obstinada en preguntarlle ás que han facer a literatura mañá o que pensan dela continúa, desta volta con Elena Veiga Rilo, a última gañadora do Premio Biblos – Pazos de Galicia e autora do relato “Tócaa outra vez, Sam”, incluído no volume ‘Letra en Obras. 17 letras sen día’.

Elena Veiga Rilo naceu en Guísamo (Bergondo) no 1991. Fixo os seus estudos primarios no colexio Vales Villamarín e os secundarios no I.E.S. Francisco Aguiar, en Betanzos. Actualmente cursa segundo do Grao en Lingua e Literatura Galegas na USC. Morto en fucsia é a súa primeira novela, coa que acadou o VI Premio Biblos.

Elena Veiga Rilo

 

1. Volvendo a vista cara atrás, cales son os teus primeiros recordos nos que anda presente a literatura, seguramente aínda como lectora?

Penso que incluso antes de achegarme á literatura como lectora, fíxeno como ouvinte. Acórdome do que me gustaba que cada día me lesen un conto, aínda lembro algúns daqueles libros que tiñan un conto para cada día ou o de ‘Contos populares da provincia de Lugo’.

 

2. Se tiveses que citar un pequeno monllo de obras que te influíron en diferentes momentos da túa vida a cales te referirías e por que?

Primeiro intentei ler o Quixote con once anos e frustreime, máis tarde probei co Ulises e volvinme frustrar, pero polo camiño lin obrigada ‘A Esmorga‘ e volvina ler dúas veces máis para enterarme ben das trasnadas de Cibrán o Castizo e compañía. Despois encontreime con Florbela Espanca por casualidade, lina con desconfianza pero acabei escoitando fados; e, non hai moito, namorei de ‘Adiós María‘, que me pareceu poesía aínda que se encadre dentro da narrativa. Envexei a aparente liberdade da Xeración Beat e ultimamente estou entusiasmada con Adília Lopes porque, aínda que poida que ela non o saiba, é ben bravú.

 

3. Como se da o paso da lectora de textos emprestados á escritura de textos para converterse, daquela, en lectora de textos propios?

Na escola deixara a plastilina de lado porque as bólas non me saían perfectas e por iso fun das primeiras en aprender a ler, e lía moito para practicar; así que a lectura constituíuse nunha sorte de instrumento. Descubrín que tamén valía para colleitar éxitos cando escribín a saga dunha xoaniña aventureira (aló polos cinco anos) e non parei de escribir para ler e reler, corrixir e recorrixir. Afortunadamente, xa leo de corrido e por pracer.

 

4. Letra en Obras aposta polo aproveitamento das novas tecnoloxías para a difusión da literatura. Chimpando a un nivel paralelo, consideras que se está a facer todo o posible para aproveitar estas ferramentas de cara á creación de novos discursos que se axeiten aos novos formatos (internet, teléfonos…)?

Penso que existe unha democratización na rede que permite o acceso libre á creación que se mestura co esbardalle, cousa que me parece ata san. É tamén esa democratización a que acepta o eclecticismo como punto clave da importancia que hoxe teñen na nosa vida as novas tecnoloxías: así, na rede os lindes dilúense e as palabras mestúranse con imaxes. Por outro lado, dá a sensación de que existe unha fixación na pescuda polo entretemento e de que todo vale; aínda así, creo que non temos por que entender a literatura como algo suxeito a un pequeno grupo de lectores culturetas. Por exemplo, existen novos discursos que nos implican a nós como espectadores como ocorre cos hipertextos e cos que podemos pasalo ben ¨xogando¨. Ademais, as novas tecnoloxías permiten que leamos un libro nun teléfono móbil, algo que, como me dixo alguén unha vez, non chega a ser rompedor de todo porque de toda a vida os libros foron portátiles (uns máis que outros).

 

5. Como viviches a experiencia que supuxo gañar o VI Premio Biblos, dende ser elixida gañadora ata a elaboración da novela coa axuda de Fina Casalderrei e a promoción da mesma?

Con esa sensación de a ver que vén despois e permitíndome o luxo de non pousar os pés na terra. Cando me dixeron que era finalista funme de festa e non foi para menos porque contar coa axuda dunha escritora como é Fina Casalderrei non é moco de pavo. Así, funme decatando de que para rematar unha novela hai que traballar ben duro para guiar no meu caso a uns personaxes, quizais, un chisco controvertidos. Pero hei de recoñecer que me prestou falar deles (case sempre mal e sacándolles os defectos todos) durante a promoción da novela.

 

6. Cal pensas que é a función deste premio dentro da literatura galega?

Achegar a posibilidade de publicación á xente nova mediante un proceso que está lonxe de ser estanco, e é que co que se vai xogar vai ser cunha primeira idea á que se lle vai ir dando forma con axuda. Supoño que o Premio Biblos nos serve ás novas xeracións como unha escola que está lonxe de ser dogmática, porque o que está claro é que es ti o que ten a última palabra e a liberdade de escoller unha solución ou outra no proceso de creación. Ademais, xa dende o primeiro momento, dende a cea literaria no Bachao onde se entrega o premio, se produce un achegamento coas persoas que coa súa voz hoxe en día fan país.

 

7. Que lle podemos dicir aos lectores de Letra en Obras para animalos e ler ‘Morto en fucsia’?

Supoño que por ser lectores de Letra en Obras están máis ou menos familiarizados coa virtualidade, algo que lles permitirá moverse con comodidade por unha novela que facilita o desbarre dos personaxes grazas a esa rede que non será tan cómoda para unha moza que asasina a Virgo23 e non ten reparo ningún en contarllo a un cura ao que non coñece de nada e que, a fin de contas, coma nós, elucubrará e refará unha historia ao seu antollo. Tampouco ha ser unha rede cómoda para unha ama de casa que se asemella a Tina Turner e que ganchilla tapetes para o seu ordenador novo ao que lle puxo nome. E é que Morto en fucsia é unha novela que comeza sendo negra e remata sendo ben fucsia, chea de minihistorias charramangueiras e dignas da sección de sucesos.

 

8. Despois de avalar aos lectores co shock cibernáutico desta túa primeira obra andas xa artellando algunha outra historia?

Iso é segredo de sumario. As miñas avoas despois da lectura da miña primeira novela xa me rogaron que me comedise un pouco. Dubido que obedeza. O caso é que poida seguir portándome mal e sacar do forno máis historias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


7 + = 16