medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

“O problema principal e gañar aqueles públicos que aínda non nos coñecen”

Para Rosa Aneiros o principal reto da nosa literatura é chegar a novos lectores. A autora de obras tan recoñecidas pola crítica e público como “Resistencia” debulla aquí as súas impresións.

  1. 1.Como avalías o momento polo que pasa hoxe a literatura galega?

Nunca houbo historicamente ata este momento tanta cantidade e calidade de autores e autoras a crear, o cal é unha boa nova. Agardemos que mañá sexamos máis aínda para poder ofrecer obras que atraían a todo tipo de públicos. O problema principal non reside, baixo o meu punto de vista, na creación senón na capacidade do sector para chegar aos destinatarios e gañarmos aqueles públicos que aínda, por falta de visibilidade das nosas obras, serían grandes lectores pero non nos coñecen.

2.Achegándonos á dinámica de consagración de autores en galego que supón a celebración do Día das letras galegas, que autor ou obra reclamarías ti como esquencida hoxe na literatura galega?

Non me atrevo a dar ningún nome. Para ser homenaxeado no Día das Letras Galegas é preciso levar dez anos morto e eu prefiro reclamar atención para as vivas e os vivos. En canto aos vivos, non é que haxa autores e autoras esquencidos en sentido estricto, senón que deberían ser máis visibles. Por tanto, reclamo visibilidade útil, non consagracións mediáticas que te encumian un día ou ano e non saben nin o teu nome ao seguinte.

3.Por que camiños che gustaría que avanzase a creación que xa existe hoxe e o día de mañá debe cargar ao seu lombo a nosa literatura?

Como lectora e galegofalante diría que me gustaría que houbese mañá no mercado todo tipo de obras que puidesen satisfacer as miñas necesidades lectoras, non só as literarias, tamén as científicas, divulgativas etc… Como autora, non son quen para dicirlle a ninguén sobre o que ten que escribir ou non, debe ser un proceso natural. Isto non é tan sinxelo como detectar ocos e ilos enchendo á forza senón fomentar que se cree un caldo de cultivo que permita que aqueles autores que teñen capacidade de crear determinadas obras poidan velas publicadas sexan ou non de públicos maioritarios.

4. De que xeito pensas que se deben aproveitar as ferramentas que as novas tecnoloxías nos ofrecen para facilitar a difusión da creación en xeral e, particularmente, dos textos escritos?

Sobre todo para a visibilidade e a difusión das obras, tanto orixinais como, sobre todo, traducións. Non vale de nada construír historias se non chegamos aos públicos e Internet pode ser a ferramenta idónea para espallar historias que han interesar a lectoras e lectores de todo o mundo.

Comentario a “O problema principal e gañar aqueles públicos que aínda non nos coñecen”

  1. É unha mágoa que as librarías de aquí, como arenas na coruña, non lle dean máis bombo á nosa literatura en galego como sí a dan ó castelán nos escaparates…os libros en galego?? ahhh si, naquel curruncho de por alí. Eu por exemplo o día das letras galegas regálolle á miña moza sempre un libro na nosa lingua…por certo gustaríame un día das letras galegas dun vivo…moito máis bonito, animoso e para cuestións puramente de márketing non hai cor, coma ti dis VISIBILIDADE ÚTIL!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


7 + 7 =