medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Eva Moreda

Eva MoredaEva Moreda (A Veiga, Asturias, 1981) debutou na literatura galega en 1997 coa novela xuvenil de tema artúrico Breogán de Guisamonde, o Cabaleiro da Gaivota, premio Rúa Nova da Fundación Caixa Galicia. A esta seguíronlle O demo e o profundo mar azul (2003), Singularis Domitilla (2004), O país das bestas (2009), Organoloxía (2010) e A Veiga é como un tempo distinto (de próxima aparición). Outras obras narrativas e poéticas súas apareceron en diversas publicacións periódicas (Revista das Letras, Dorna, Busola) e antoloxías (Narradoras, Veas verdes).

Obtivo, entre outros, os premios Historias na Universidade da USC, Narrativas Quentes e Terra de Melide, e foi finalista en outros como o Biblos para menores de 25 anos, o Manuel Murguía de narrativa e o Ánxel Casal ao mellor libro de ficción do ano.

É titulada en Piano, licenciada en Filoloxía Clásica, e licenciada e doutora en Musicoloxía. Como musicóloga, ten publicados varios traballos en revistas e compilacións internacionais, fundamentalmente en torno á historia política da música durante o primeiro Franquismo. A súa actividade docente e investigadora neste eido desenvolveuse ata o momento no Reino Unido, en institucións como o Royal Holloway College – University of London, Royal Academy of Music e a Open University.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


6 + = 8