medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

“Hai xente que pensa en conservar unha caixa galega, pero non le en galego”

A escritora Marilar Aleixandre reflexiona con Letra en Obras sobre o estado actual da literatura galega.

1.Como avalías o momento polo que pasa hoxe a literatura galega?
A min paréceme que a literatura galega en canto á calidade e ao número de obras publicadas está nun momento bo, pero penso que isto é o que che vai dicir calquera persoa agás xente moi rebotada que pode haber por aí. Isto no que se refire á saúde do sistema literario: hai un grupo de xente que se toma bastante en serio escribir. Ao mesmo tempo, hoxe sufrimos unha falta de apoio notable da administración e iso concrétase en que durante moitos houbo un apoio mediante a compra de libros galegos para as bibliotecas pero neste momento non o hai. Un exemplo témolo na Deputación de Pontevedra, que o ano pasado non deu cartos para a literatura galega pero si que lle deu a Galicia Bilingüe, e despois está a crise que tamén ten que ser tida en conta. Sobre este tema hai outro tipo de cousas que a xente non está abandonando como ir a tomar os viños e porén, estas situacións sempre afectan moito á compra de libros. Outra cousa positiva é que hai algo máis de profesionalización na xente que fai a crítica, e cando digo isto non me refiro a que a xente que fai a crítica deba ser xornalista dun medio ou investigador da universidade, pero si que é xente que debe estar moi informada. Un exemplo é que moitos dos mellores críticos de literatura galega son profesores de instituto. Creo que é importante que a xente o faga con coñecemento de causa e máis alá de criterios como se quen escribe a obra me cae ben ou non.

2.Achegándonos á dinámica de consagración de autores en galego que supón a celebración do Día das letras galegas, que autor ou obra reclamarías ti como esquencida hoxe na literatura galega?
En xeral eu creo que na literatura galega hai tres ou catro autores canónicos dos que fala a xente, aínda que outra cousa é que se lean. Unha persoa que foi importante en moitos eidos é Carvalho Calero, a quen sería adecuado que se lle dedicara o Día das letras nalgún momento, porque tanto nas primeiras gramáticas como en ficción ou poesía merecería a pena lelo, independentemente da opción normativa. Esa non é a cuestión e, de feito, eu escribo na norma promovida polo ILGA. Despois, unha persoa relevante por ter unha narrativa moi sólida é Carlos Casares que, por diferentes motivos, non recibe a atención que debería. Merece a pena volver sobre a súa narrativa porque é un narrador dunha grande solidez. Da xente que está viva, eu falaría da poesía de Xoana Torres, que recibe atención de algúns sectores, especialmente das mulleres. Ela escribiu noutros xéneros, pero eu creo que a súa poesía é das que quedará. Eu penso que hoxe lese o último, o inmediato, esquecendo cousas que se escribiron antes, sobre todo na segunda metade do século vinte porque antes escribírase moi pouco. Eu non comparto esa idea de usar e tirar, de tratar os libros como novidades: os libros non son unha moda de pantalón. Eu hai pouco estaba lendo cousas de Kafka escritas hai cen anos que as les hoxe e seguen chegando. Hai obras de autores que ao deixar de ser novidades quedan algo esquecidas e por iso puxen o exemplo de Carlos Casares, pero podemos poñer o de Blanco-Amor, que ten libros como A Esmorga ou Xente ao lonxe, que se deberían ler independentemente de que unha persoa, un profesor de instituto, cho mande ler.

3. Pensando dende unha posición de lector exento de vontade orientadora, por que camiños che gustaría que avanzase a creación que xa existe hoxe e o día de mañá debe cargar ao seu lombo a nosa literatura?
Para min o relevante non é dicir “Ten que haber máis teatro ou máis novela”, eu creo que ten que haber unha madureza da sociedade que admita como súa, como normalizada, a literatura. Vou poñer o exemplo repetido da literatura catalana onde, cando sae unha novela en inglés tradúcese inmediatamente ao catalán. Aquí imos moi atrás, aínda que mellorou a situación. Tamén é necesario que a xente teña interese polo que se fai, é necesario que haxa máis visibilidade da literatura galega para que cando merquen un libro por nadal non vaian mercar o último best-seller que igual lle chega de Estados Unidos. Aquí unha persoa pode dicirche que lle parece moi importante conservar unha caixa galega e despois confesarche que non le literatura galega. Non digo que todo o que se escriba en galego sexa bo, pero ten que habelo e haberá libros ou películas boas, malas ou regulares. A situación estáse a normalizar pero aínda queda.

4. De que xeito pensas que se deben aproveitar as ferramentas que as novas tecnoloxías nos ofrecen para facilitar a difusión da creación en xeral e, particularmente, dos textos escritos?
Iso é semellante en todas as literaturas, non só na galega. O libro electrónico está aquí e está para quedar, e eu creo que dentro dun pouco teremos máis libros electrónicos e hai ferramentas como as enciclopedias que deixarán de existir en papel. En canto á literatura a min segueme gustando ler en papel, quero ter un libro de poemas na man, pero leo moitísimo en internet porque ás veces hai un libro de fóra que me interesa e mentras o consigo pois vouno lendo na rede. Daquela permite unha circulación de información que nunha literatrua pequena como é a nosa axuda a que máis lectores coñezan as obras de xente que igual tiña dificultades para publicar. Creo que abre novas posibilidades.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 9 = 13