medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Vidal

VidalVidal nace en Lugo a finais do 79, clase obreira. Intenta traballar de todo un pouco (mozo de almacén, comercial, administrativo, peón na colocación de valados publicitarios…), con pouco ou ningún éxito. Mentres, resulta premiado en varios certames literarios de pouca sona, participa en volumes colectivos e publica en solitario A Balada Do Nudista Caviloso (Sotelo Blanco). Asina como Vidal porque lle atopa o seu aquel a ter sido o único neno de 3º a 8º de EXB do seu colexio ó que tódolos outros nenos chamaban así, por un apelido.

15 comentarios a Vidal

  1. A Balada do Nudista Caviloso é un gran libro, xa nos tardaba ler máis do Vidal!

  2. Carallo, lavesedo, non me decatara de que deixaras aí un comentario. Alédame que che gustara. Teño máis cousas, pero en fin, se sigues as novidades editoriais e o tipo de literatura que vén levando os máis dos premios literarios, non che resultará difícil entender por que non ando eu por aí.

  3. Onte, no blog de Jaureguizar apareceu isto:

    http://cabaretvoltaire.canalblog.com/archives/2011/11/14/22670216.html

    Eu non entendín por que dicía tal cousa. Sabido é que el sempre defendeu outro tipo de literatura, na que o que el chama “risco”, debe, por forza, evitarse.
    Enviei unha réplica, na que lle explicaba o que eu penso que ocorre coa literatura con “risco” hoxendía, que non foi publicado. Mandei logo outro, quitando o que creo que non lle gustou, pero de tódolos xeitos vou explicarme aquí:

    É relativamente sinxelo. Entendo que hoxe existe reticencia ó risco. Non sei con certeza por que. A explicación máis obvia, que din que adoita ser a atinada, di que as editoras galegas (as máis grandes, polo menos) son hoxe, logo dun “cambio de mentalidade”, axentes máis económicos ca culturais, e non van publicar algo que non lles dea unha rendibilidade mínima, en certos casos fixada por grupos externos. Se, ademais, os libros máis vendidos actualmente cínguense a un determinado modelo, vese moi claro que non hai oco para a creatividade ceiba, senón para algo máis mesurado, máis calculado, pero tamén máis baleiro. Lémbrame un pouco á diferencia entre o xogo do Barcelona e do Real Madrid, pero, como dixeron aqueles dous, disto falarei a vindeira semana.

  4. Pingback: O pan de Serge | Letra en Obras

  5. Pingback: Autoridade (Divagacións) | Letra en Obras

  6. Pingback: Senectude anticipada | Letra en Obras

  7. Pingback: Mentiras poéticas | Letra en Obras

  8. Pingback: Mellor sen razón | Letra en Obras

  9. Pingback: Morriña do xeo | Letra en Obras

  10. Pingback: Escritor respostador | Letra en Obras

  11. Pingback: Os proscritos, 1: a sinxeleza | Letra en Obras

  12. Pingback: Honestidade | Letra en Obras

  13. Pingback: Tres xinetes | Letra en Obras

  14. Pingback: A vida sinxelizada | Letra en Obras

  15. Pingback: Nin un intre de sorriso ausente | Letra en Obras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 3 = 7