medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

“Sería interesante aproveitar a rede para difundir fóra a literatura galega”

Seguimos tomándolle temperatura á nosas letras da man de recoñecidos autores do noso panorama literario actual. Desta vez é Anxos Sumai quen resposta no noso cuestionario de urxencia.

 

1. Como avalías o momento polo que pasa hoxe a literatura galega?

Abonda con dar un paseo polas librerías e polas feiras do libro, para vela abafada debaixo  de tanto best-seller en español. Pero eu, polo menos, seguirei sendo optimista e confiando nas novas voces e na calidade das obras para atraer máis lectores.

2.Achegándonos á dinámica de consagración de autores en galego que supón a celebración do Día das letras galegas, que autor ou obra reclamarías ti como esquencida hoxe na literatura galega?

Non me atrevo a propoñer a ninguén porque, case sempre, é como o enterro definitivo. Gustaríame, en calquera caso, que as obras e os seus autores e autoras servisen tamén para contextualizar momentos do país. Propoñería, por exemplo, a Belén Felíu. Aínda que publicou só unha obra, daría para analizala dende moitos puntos de vista: inmersión no galego, novas narradoras, feminismo, etc.

E tamén  buscaría autores e autoras  fóra do ámbito literario.

3.Por que camiños che gustaría que avanzase a creación que xa existe hoxe e o día de mañá debe cargar ao seu lombo a nosa literatura?

Insisto na necesidade de usar o galego en todo tipo de obras, literarias ou non. Canto ao mundo literario, estaría ben incentivar a creación teatral e o ensaio. De todas formas, serán os lectores e lectoras quen tiren de novos xéneros, como pasou por exemplo coa novela negra.

4. De que xeito pensas que se deben aproveitar as ferramentas que as novas tecnoloxías nos ofrecen para facilitar a difusión da creación en xeral e, particularmente, dos textos escritos?

O máis interesante sería aproveitalas para difundir a literatura galega fóra de Galicia, mediante traducións. Xa que a través da edición en papel parece imposible, poderíamos facer edición de libro electrónico noutros idiomas. A creación de revistas on line, sería outra posible opción.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 9 = 11