medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

“Se a morte é un incidente necesario…”

Letra en Obras - relato colectivo 17 de maioRelato colectivo escrito por vós o pasado 17 de maio.

Velaquí o resultado da proposta que vos fixemos o pasado martes 17 de maio. Na Praza de Cervantes, onde compartimos espazo coa amigos da Libraría Couceiro e de Tinta de Lura, o xogo proposto era o seguinte:

O fío partía dun verso de Lois Pereiro. A partir de aí, e ao xeito da brincadeira do cadáver exquisito, o primeiro participante, inspirado nesa primeira liña, continuou a historia libremente. Cada un dos participantes seguintes contaba sempre cunha pegada deixada polo anterior (unha palabra, unha frase), e podía enfiar con liberdade a continuación do relato.

Do que saíu, velaí, tinguido de creatividade e orixinalidade de todos os que se achegaron, aquí está o primeiro dos relatos:

 

 

Se a morte é un incidente necesario que me penetre calada e sen furia

pero co alento aínda deixando bafo no espello. Mirouse

fixamente con esa puta cona de papahostias e díxose:
-cona, desta vez o asunto vai en serio!
Home, claro que vai en serio, papahostias. O que pasa con estes personaxes é que pensan que a vida no fondo

era moi bonita. Tiña moita area, moito mar, moitos cangrexos. Era, en definitiva, moi fermosa.

Non estaba eu tan seguro da aprezación. En fin, cuestión de gustos

Ácedo ou básico, mellor doce que salgado. Non máis amargo, que penso que é o mellor. Non cansa.

Amargo é o mundo, porque o doce non sabe. É irreal? Sabe a mentira que nos contan dende o poder, mais o amargo dominará o mundo e explotaralle na cara a quen queira pintar a realidade de doce.

Mundo coñecible, analizable, abertos os ollos e as mentes. As mentes que falan entre elas, que se analizan entre elas. Pero non chega o esforzo e doe non poder atender o que pasa, os mecanismos que moven o que sexa que se move. E axéxanos o pesimismo, e nada ten certeza e absórbenos o pesimismo. E quedamos ficados na inacción.

Tanta preguiza que parou ata que escoitou as badaladas.

Foron debullando as doce no reloxo da casa de Xan de Xelo. Era a hora. Collín a zamarra e amodiño subín ao cuarto de Ramiro e achegueime con coidado:
-Ergue Ramiro. Hai que ir tirando.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


1 + 9 =