medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Da barricada ao obradoiro: todo comezou con Rompente (I)

Aproveitando que esta zoquería do trazo abre cun regalo ofrecido por un fato de escritoras e escritores mozos xenerosos coa súa virtude, imos dar unha volta pola historia da escrita en comandita no noso país. Aquí compre deixar claro que falando de escrituras compartidas inclúense casos de escrita colectiva, como poden ser os dos grupos Rompente ou Ronseltz, con outros nos que o procedemento levado adiante foi a publicación colectiva de textos individuais, fórmula utilizada por Cravo Fondo ou o Batallón Literario da Costa da Morte, por exemplo.

 

A primeira experiencia e seguramente aquela que co paso do tempo foi considerada máis influínte é a de Rompente (nun primeiro momento Grupo de Resistencia Poética e despois Grupo de Comunicación Poética Rompente) creado no ano 1976 por Antón Reixa e Alfonso Pexegueiro, aos que logo se unirían Manuel M. Romón e Alberto Avendaño. Estes tres formarán o núcleo de Rompente, aínda que tamén colaborarán con eles poetas como Dopico, Cherokee, Camilo Valdeorras, os pintores Menchu Lamas e Antón Patiño (autores dos deseños dos libros e membros do Colectivo da Imaxe) ou os músicos Julián Hernández e Enrique X. Macías.

 

O grupo nace cunha firme vocación política, convencidos os membros da utilidade da poesía como unha ferramenta máis para a tarefa de mudar a sociedade que habitaban, tal e como se recolle na entrevista que lles realizan no número 13 da revista Teima: “Cicáis poidamos escomenzar a falar en Galicia dunha poesía política e dunha poesía de resistencia que cristaliza no grupo de comunicación poética que somos e que, ó traveso dun plantexamento colectivo de creación, pretende normalizala poesía e devolverlle o seu posto como elemento activo na construcción dun mundo novo, sen agardar sentados nun realismo políticamente rebelde, pro estéticamente conformista”.

 

Nesta primeira época en que o xogo coas formas está en todo momento vencellado á omnipresencia das inquedanzas políticas, publicarán a ciclostil a antoloxía poética Crebar as liras e as Follas de Resistencia Poética, ademais de tirar do seu prelo dous libros de autor como son Seraogna, de Pexegueiro e Con pólvora e magnolias, de Méndez Ferrín. Un exemplo da liña seguida nestes anos é a poesía “Homaxe-Intre”, recollida tamén no número que lles adica a revista Teima: “O vento fixo estreliñas de silenzo na boca dos / fusilados / estreliñas roxas coma cuspe ensanguentado / coma pés / coma mans / coma berce de lúa caídos no val da espranza / sin ferros / o vento fixo estreliñas de lus nos ollos asulagados / escuridade non pechada / escuridade dunha clandestinidade que vai dar no abrente: / lus de ventre fusilados, / nosos.”

 

Da resistencia á comunicación

Como Grupo de Comunicación Poética publicarán a maioría dos seus textos, como foron os colectivos Silabario da Turbina (Rompente, 1978) e A dama que fala (Xerais, 1983) así como a colección Tres Tristes Tigres. Trátase de tres libros individuais publicados en 1979 no selo editorial do grupo baixo os títulos galletas kokoshka (Romón), Facer pulgarcitos (Avendaño) e As ladillas do travestí (Reixa). Estes textos contribúen a distinguir, aínda mellor, a peculiaridade no trazo de cada un dos Rompentes, malia compartiren todos eles anos de traballo común. na vontade de ensarillar no verso os elementos tirados da realidade cotiá do país no que vivían para, así, poder ensarillar no país a poesía e constituíla nun elemento útil para a liberación das mentes que debían liberalo.

 

Aquí traio uns versos coñecidos polos adeptos á súa poesía, publicados no volume colectivo A dama que fala: “galicia gran carallo de sal / retomo o teu nome de piraña terrazas avionetas / ándanse nos dedos cúspeas porcas / levan o día fozando cunha viaxe intrépida / bícanse na cona bícanse nos beizos e esas / linguas esas linguas coma vermes a las cinco de la tarde / bórralles o sol a fiestra (…)”. Rompente caracterizouse pola vitalidade, chamando a atención a súa participación en reunións, recitais, happenings e, en xeral, intervencións nas que poñer a andar a súa aguzada capacidade para parar o tempo nesa estación onde non chegou a luz e a xente cavila para pasar o día. O grupo desfaise no ano 1983.

Pablo García Martínez

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 1 = 6