medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

“A nosa literatura é unha moeda de moito valor e de escasa circulación”

Miro VillarMiro Villar achéganos as súas reflexións sobre o presente e as perspectivas de futuro da Litertatura Galega. Con apenas 45 anos, este profesor de Secundaria é unha das voces indispensables do noso panoramma literario grazas sobre todo á súa obra poética. Porén, Villar tamén destacou nos últimos anos polos seus traballos ensaísticos.

1. Como avalías o momento polo que pasa hoxe a literatura galega?
Coma unha moeda de moito valor e de escasa circulación. Explícome. Pola banda de arca a nosa literatura está nunha época feraz e de moito dinamismo, conviven nela varias promocións ou xeracións en plena produtividade, cultívanse todos os xéneros posibles (mesmo algúns que até hai moi pouco non tiñan tradición no noso idioma) e hai obras de moitísima calidade. En poesía, por exemplo, é algo recoñecido por autores doutros ámbitos como o poeta Antonio Gamoneda.
Agora ben, pola banda de couso, temos dous graves problemas, que mesmo están incardinados. Velaí a situación regresiva da lingua que nos presenta un futuro pouco esperanzador, e non só polas continuas agresións que recibe o noso idioma senón porque a sociedade está a mudar e nesa muda semella desexar perder o seu maior signo de identidade. E, en paralelo, está a mingua do público lector atraído por novos soportes que está a levar a unha crise da literatura da que aínda non somos quen de agoirar a onde nos vai levar. Os meus amigos libreiros xa levan tempo advertíndome da crise de vendas, as feiras son agora case “descampados”, e non estou certo de que iso só teña a ver coa crise económica, senón coa tamén coa crise das humanidades, algo que apalpo todos os días nas aulas, como docente que son, onde o “lóxico” semella encarreirar ao alumnado cara ás ciencias.

2.Achegándonos á dinámica de consagración de autores en galego que supón a celebración do Día das letras galegas, que autor ou obra reclamarías ti como esquencida hoxe na literatura galega?
Contra o que se adoita dicir, na miña opinión hai ducias de autores que ben poderían ser obxecto de estudo e de homenaxe nas Letras Galegas (que hoxe xa son moito máis ca un día). Non comparto esa visión que algúns espallan sobre o “rigor mortis” desta data, para min é moi positiva e só me doe que na nosa sociedade non teña a repercusión que o Sant Jordi posúe nos Países Cataláns. Citaría a varios, primeiro a Carvalho Calero, mais vai ser imposible porque o conflito lingüístico normativo non o vai permitir ou iso creo. Desde logo a súa obra xunta ben máis merecementos do que moitos autores e autoras que xa forman parte da nómina de homenaxeados. Logo tamén hai dous poetas magníficos da contemporaneidade, Eusebio Lorenzo Baleirón, que morreu moi novo mais deixou unha obra espléndida, e Fiz Vergara Vilariño, de traxectoria máis ampla.
Hai escritores que viviron o exilio como Florencio Delgado Gurriarán, hai excelentes poetas esquecidos como Díaz Castro… e moitos nomes máis. Na Costa da Morte, por falar do meu territorio, sería de xustiza lembrar a Labarta Pose, un dos mellores narradores do XIX, mais despois de Novoneira e da proposta arriscada e valente de Lois Pereiro non vai ser doado retornar á literatura decimonónica.

3.Por que camiños che gustaría que avanzase a creación que xa existe hoxe e o día de mañá debe cargar ao seu lombo a nosa literatura?
Xa dei resposta un pouco a esta cuestión, a nosa literatura camiña con paso certo por todos os vieiros creativos, con pluralidade de propostas e de voces diversas e mesmo diverxentes. Preocúpame máis esa orfandade dos textos a respecto dun público lector. Hai un poeta alemán, Arnfried Astel, que o explicou moi ben: “O home, para quen escribo / non le”. Velaí pois un dos maiores problemas. Pregunto, é posible que a escrita (coa súa linguaxe cifrada) sexa forza motora para calquera persoa marxinada no seu status económico, político, social ou sexual? Dificilmente.

4. De que xeito pensas que se deben aproveitar as ferramentas que as novas tecnoloxías nos ofrecen para facilitar a difusión da creación en xeral e, particularmente, dos textos escritos?
Todo o que sexa visibilizar a creación é moi importante. De feito, son colaborador externo dun proxecto na rede dirixido polo profesor e poeta, Arturo Casas, www.poesiagalega.org, que conta cun excelente equipo de críticos e profesores, e que pretende crear un repositorio de toda a produción crítica e non só, pois tamén hai creación, da nosa poesía desde os seus albores até mañá mesmo. Con todo, eu persoalmente son de cultura impresa, e sería incapaz de visionar (malia a suposta capacidade visonaria que se nos outorga aos poetas) o que vai suceder neste eido. Por poñer algún exemplo, cando Anxos Sumai iniciou en www.culturagalega.org unha especie de diario no que dialogaba cos seus lectores aínda non existían os blogues. Sigo agora a varios blogues literarios, de creación ou de crítica, mais hai quen xa di que os blogues son o pasado e que xa están a chegar novas formas de difusión. Non o sei, a min estas cousas sempre me collen co paso cambiado e sempre chego a elas con moito retraso.

3 comentarios a “A nosa literatura é unha moeda de moito valor e de escasa circulación”

  1. Muito bom, Miro, e muito valente a tua defesa de Carvalho, lembra-me (polo contraste) a estupidez que ceivou Reixa, país…

  2. Pingback: Parlamento das Letras: Miro Villar | Criticalia

  3. Pingback: As crebas » No Parlamento das Letras da bitácora Criticalia de Armando Requeixo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 5 = 13