medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

“Necesitamos máis escritores como Miguel Anxo Murado”

Quico CadavalAs reflexións de Quico Cadaval.

1. Como avalías o momento polo que pasa hoxe a literatura galega?
Eu estou bastante desinformado, sei que hai clubes de lectura e lectores activos que tamén están estendendo o seu horizonte á literatura portuguesa, sobre todo a escritores brasileiros, deixando así de depender do que nos diten as revistas literarias españolas. Hoxe destacaría unha persoa como Miguel Anxo Murado, que lle dá unha normalidade absoluta á nosa literatura porque escrebe unha narrativa moi transparente, lexible e moderna, como vemos nunha obra de carácter ensaístico que é Fin de século en Palestina. Penso que necesitamos máis escritores así, que teñan unha forte personalidade e escreban unha literatura transparente, conectados cos movementos do mundo: sendo singulares pero non por insistir en selo, senón por naturalidade. Paréceme sorprendente que Miguel Anxo Murado non apareza nunca nas listas. É unha literatura activa a nosa, con poetas facendo o seu xogo e buscando o seu lector, non só en clubes de lectura senón tamén en bares. Aínda así, hai unha lectura maliciosa da arte en Galicia que é que non lle interesa á xente e hai unha protección por parte das autoridades cando o que acontece é o contrario.

2.Achegándonos á dinámica de consagración de autores en galego que supón a celebración do Día das letras galegas, que autor ou obra reclamarías ti como esquencida hoxe na literatura galega?


O Día das Letras ten un par de problemas, o primeiro é que hai que estar moi morto e despois para esta pregunta xa non vale dicir ningún dos anteriores. Por iso nos anos 90 houbo grandes días das letras con xente como Celso Emilio Ferreiro, Cunqueiro e Blanco-Amor. Eu penso que había que lembrarse de Carvalho Calero que é moi importante non como escritor senón como paladín, como cabaleiro ao servizo da lingua. De falar dun libro falaría d´A Esmorga, ou das Crónicas do Sochantre, que van representar os franceses en Toulouse. Dous libros onde a violencia é extraordinaria e eu penso que a violencia da guerra tivo algo que ver, aínda que ningún dos dous fala da guerra. Eu son partidario do día da literatura galega, no que se puidese regalar un libro cunha flor como fan os cataláns, sen esa obsesión por un autor. Un exemplo é o de Leiras Pulpeiro, que escribiu unha obra pequena e non podes pasar un ano falando diso. Entón pode conservarse a festa e regalar un libro de Rosalia ou de Jõao Ubaldo Ribeiro. Para non quedar moi reintegracionista eu penso que habería que ler os grandes portugueses como Miguel Torga, que fala dun lugar como Trasdosmontes, un sistema cultural que é o noso. Fala de nós moi fortemente, aínda que calquera escritor do mundo está a falar de nós. De Torga podíamos recomendar Os contos da montanha. Eu creo que Torga é un escritor moi importante por exemplo para Ferrín, que é outro dos grandes, un escritor importante para os portugueses aínda que o debían ler máis.

3. Pensando dende unha posición de lector exento de vontade orientadora, por que camiños che gustaría que avanzase a creación que xa existe hoxe e o día de mañá debe cargar ao seu lombo a nosa literatura?
Igual non é interesante por onde me gustaría a min que fose. Eu penso que sempre hai dous polos magnéticos e un é ser moi universais e outro ser moi singulares. Eu non son un escritor porque hai que ter o cu un pouco pelado para ser un escritor, hai que sentarse e traballar. A xente ten que descubrir o antes posible o que quere e logo encontrarse cos leitores, porque un pode ser minoritario pero ten que enterarse o antes posible de que é minoritario. Somos un país pequeno, non imos producir un xenio por cada mil habitantes, pero somos unha língua grande: c´est un petit pais avec un grande lange. Cando digo publicar refírome a compulsar lecturas, e paréceme moi ben iniciativas como as que fan María Lado e Lucía Aldao, a outra xente que fai rock en galego, ou casos como o do Malandrómena co seu rap. Hai que ter visibilidade, esquecer que as cousas teñen que pasar por un filtro coma o meu. Que importa se lle gusta a Cadaval? O que importa é se lle gusta a alguén.

4. De que xeito pensas que se deben aproveitar as ferramentas que as novas tecnoloxías nos ofrecen para facilitar a difusión da creación en xeral e, particularmente, dos textos escritos?
Ocórreseme iniciativas que xa está habendo como os Meubook, os libros de papel por encarga e aí ofrece unha cousa fantástica Pepe Cendón que é Satélite, unha cousa de aventuras próxima á literatura negra, onde podemos ser protagonistas os de aquí dunha historia verosímil. A min estas historias dun dos xefes da mafia de xanghai era galego faime ilusión, pero pouca. O de que poida haber unha épica contemporánea que parta deste país ten coña e Pepe Cendón conseguiuno. Despois tamén vai seguir medrando a banda deseñada onde xa temos debuxantes fantásticos, e mesmo agora creo que se vai volver facer unha revista de banda deseñada infantil, despois da experiencia de Golfiño. Van volver ao ataque e hai que estar aí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


8 + = 16