medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

“A poesía cursi ten moito éxito nas redes sociais”

Helena Villar JaneiroFalamos con Helena Villar Janeiro.

1. Como avalías o momento polo que pasa hoxe a literatura galega?
Aquí lese pouco e en galego menos. Temos que falar das dificultades que ten de seu por ser unha literatura producida nunha lingua con moitos problemas, co cal hai problemas de recepción xa que nunca sabes para quen escribes, e isto provoca tamén un problema de consumo. Esta circunstancia estrutural únese á circunstancia conxuntural do momento polo que pasamos e que dificulta poder sacar libros. Estes son problemas extraliterarios pero que están influíndo aí. Moitísimos libros que tiñan traducións encargadas, feitas con moito esforzo, aprázase e agora a ver cando sae. Outras editoriais reducen a súa produción e hai outras que mesmo pechan.

2.Achegándonos á dinámica de consagración de autores en galego que supón a celebración do Día das letras galegas, que autor ou obra reclamarías ti como esquencida hoxe na literatura galega?
É unha reflexión difícil de resolver en dous minutos, sen telo meditado suficientemente. Eu, por exemplo, reivindico o libro Nimbos de Xosé María Díaz Castro co que, por outro lado estou a reivindicar o autor. Pero hai moitísimos autores como Aquilino Iglesia Alvariño que están apartados das nosas lecturas e eu creo que habería que reivindicar mesmo os tres clásicos. Eu o outro día lin un comentario nunha rede social que se preguntaba se alguén tería lido algunha obra enteira dun escritor ou escritora galega, incluída Rosalía ou Castelao, entón igual hai que reivindicar tamén os clásicos. Despois eu teño escritores de cabeceira como Cunqueiro, cunha obra de moita calidade literaria, ou Celso Emilio Ferreiro, Igleisa Alvariño, Cabanillas… Sempre recomendo volver a estes clásicos tan actuais, posto que nunca se poderá realizar unha literatura galega a parte deles.

3. Pensando dende unha posición de lector exento de vontade orientadora, por que camiños che gustaría que avanzase a creación que xa existe hoxe e o día de mañá debe cargar ao seu lombo a nosa literatura?
Que aprendan a lingua. Non se pode facer unha obra literaria sen coñecer ben unha lingua e aí teñen un traballo inmenso. Non son só os pronomes, senón o vocabulario, os xiros… Moitos escritores novos teñen eivas lingüísticas inmensas e non se pode facer literatura sen coñecer ben unha lingua. Por iso recomendo os clásicos e tamén o contacto co pobo que fala. Unha vez coñecida a ferramenta  se hai calidade de escritora ou escritor xa se ve, e ten que ser unha literatura unida co mundo. Pero para min o problema é idiomático, e neste momento eses problemas son os que empobrecen a materia coa que traballan os escritores. Unha lingua para escribir nela hai que coñecela moi ben, non só hai que ir aprender inglés a Inglaterra, hai que aprender galego en Galicia, tamén.

4. De que xeito pensas que se deben aproveitar as ferramentas que as novas tecnoloxías nos ofrecen para facilitar a difusión da creación en xeral e, particularmente, dos textos escritos?
Evidentemente as cousas que están aí hai que aceptalas e aproveitalas. Eu creo que, efectivamente, estas novas tecnoloxías pola capacidade de comunicación, pola democratización que suxiren (se cadra non se pode editar un libro pero si que se pode publicar en internet) é unha sorte que debemos aproveitar. Produceme algunha lástima que non vai ter ningún tipo de criba, e vanse colar cousas realmente malas. Ata agora as editoriais tiñan uns filtros, pero as novas tecnoloxías que son moi libres plantexan a necesidade dun criterio no lector que debe existir en todo momento, tamén cando le noticias. Vaiselle propoñer ao lector que de todo o ruido que recibe nun entorno de sobreestimulación debe decidir o que escolle e o que deixa. Para nada estou en contra deste proceso, xa que eu mesma estoume aproveitando moito da imaxe, porque que nalgúns relatos a imaxe axuda moito a que as nove palabras que utilizas digan moito máis que nove palabras. O que vai esixir é que os usuarios teñan unha maior capacidade crítica e participen na criba. Eu, por exemplo, en Facebook vexo que os poemas malos teñen maior éxito que os que eu xulgo bos. Entón penso que hai xente que consome cousas que a min me parecen inconsumibles, pero iso fai que haxa moita máis xente que lea poesía (aínda dubidando eu que iso chegue mesmo a ser poesía) e enténdea, cando ao mellor outro tipo de poesía non a comprendían. Aquí falamos do público das creacións: os poetas lémonos uns aos outros e pouco máis. Iso non cambiou nada, o que pasa é que agora cos blogs e as redes sociais vese, e aínda tendo en conta que os contactos cos que eu falo xa son algo achegados a min, polo que haberá moitos espazos nos que a literatura nin existe. Pero teño constatado que a poesía prosaica e a cursi teñen moito éxito nas redes sociais porque a xente enténdea. Eu o que vexo é que cada un vai ter que buscarse a vida e ir vendo o que lle gusta, porque ao fin e ao cabo os que estamos nas redes sociais somos a xente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 9 = 14